Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 685 novas da área temática Familias:

13/11/2025 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia é unha das comunidades coa taxa mais baixa de delitos cometidos por menores

Máis do 86% das medidas xudiciais notificadas polos xulgados foron en medio aberto

11/11/2025 | 15:01 | C. de Sanidade
10/11/2025 | 11:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca o concerto social para a xestión da Unidade de Primeira Acollida de nenos e adolescentes, situada en Barro

O orzamento é de 4,5 millóns de euros ata 2029, con posibilidade de prorrogalo seis anos máis

08/11/2025 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta festexa con Amicos o 25 aniversario deste entidade que presta servizo a máis dun centenar de familias

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nun evento que reuniu a responsables, persoal, usuarios e familiares da asociación

07/11/2025 | 11:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lamenta na Conferencia sectorial de Infancia a falta de financiamento e planificación para o traslado a Galicia de máis de 300 menores migrantes

A conselleira celebra a retirada da orde do día da proposta do Goberno central de reducir a 15 prazas o tamaño dos centros de protección, unha cuestión á que se opuxeron a totalidade das comunidades e que poría en perigo o sistema

06/11/2025 | 18:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia aos concellos con máis de 17,3 M€ para os seus servizos sociais e programas de inclusión

As achegas concédense a través de dúas liñas destinadas ás prestacións básicas de servizos sociais e a programas de reforzo de equipos de atención á infancia e familias

05/11/2025 | 12:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García acusa ao Executivo central de poñer en risco o Plan de choque para axilizar a atención á dependencia e á discapacidade

Advirte que o recurso no Tribunal Constitucional presentado polo Goberno de España fai perigar os dereitos de 10.400 dependentes aos que se lles recoñeceu de maneira automática a discapacidade