Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.228 novas da área temática Comercio:

27/10/2025 | 19:05 | C. do Medio Rural

A Xunta participa na Feira Gastrónoma Valencia para poñer en valor o sector alimentario galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe a este evento, que definiu como fundamental para abrir os produtos alimentarios galegos a novos mercados e consumidores

27/10/2025 | 17:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a batería de medidas dirixidas a formar e reter o talento da mocidade cun investimento total no 2026 de preto de 30 M€

José González explicou que tamén se fortalecerá a formación de talento xunto co tecido local co pulo a ferramentas como os obradoiros e programas integrados de emprego e o Aprol Rural, dotadas cun investimento global no 2026 de máis de 74 M€

27/10/2025 | 10:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa a escolares de Santiago os oficios da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas no marco do proxecto ‘Artesanía na escola’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe o CPR Compañía de María para asistir ás demostracións da zoqueira Elena Ferro e do artesán Xosé Manuel Sanín, que protagonizan as dúas primeiras unidades didácticas deste programa autonómico

25/10/2025 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a ‘XVII Tasca do Liño’ da insua en Vilalba como un evento de referencia na recuperación dos oficios artesanais tradicionais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe a edición número 17 desta iniciativa impulsada pola Asociación de mulleres rurais San Bartolomeu de Insua, na que o Goberno autonómico colabora a través de dous obradoiros de estampaxe e tinguido

23/10/2025 | 21:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública

Belén do Campo participa na inauguración do novo espazo comercial reformado de Marineda City coa incorporación de 30 novos establecementos

A delegada da Xunta na Coruña lembrou que o Goberno galego conta  cun novo Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, dotado con máis de 320 millóns de euros, para modernizar, dixitalizar e facer máis competitivo o tecido comercial galego

23/10/2025 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura a 2ª edición da aceleradora de proxectos ‘Xerme Ecommerce’ para potenciar o emprendemento no comercio electrónico

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participan hoxe no acto de peche desta iniciativa enmarcada na colaboración co Clúster do Ecommerce Galego

23/10/2025 | 12:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima a participar na campaña ‘Merca no teu Comercio’, que aposta polos negocios locais de Lugo

Os consumidores que compren nos establecementos de proximidade da capital ata o 30 de outubro optan a premios, como medida para impulsar o sector