Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.724 novas da área temática Cultura:

20/11/2025 | 12:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta comprométese a situar Galicia na vangarda das artes dixitais na inauguración do foro ‘Sinte’

Este encontro consolida a aposta do Goberno galego por este sector emerxente, liña de traballo na que tamén se encadra a construción na Cidade da Cultura do Centro de Artes Dixitais, que iniciará a súa actividade no segundo semestre de 2026

19/11/2025 | 16:53 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta porá en marcha en 2026 un plan de impulso cultural da Ribeira Sacra para potenciar a súa candidatura a patrimonio mundial

Anxo M. Lorenzo erixe esta zona nun “nidio exemplo” de como a paisaxe “define e configura a cultura dun territorio e forma parte indisociable da mesma”

19/11/2025 | 13:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca as axudas a salas privadas de artes escénicas con 430.000 euros para o bienio 2026-2027

Coa súa publicación hoxe no DOG, arranca o programa de subvencións da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ás industrias culturais galegas para 2026

18/11/2025 | 15:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta completa os traballos para coñecer os 18 séculos de historia do xacemento de Adro Vello

A intervención, en colaboración coa Universidade de Vigo, dá continuidade ao proxecto iniciado en 2022 para reconstruír as diferentes fases de ocupación

18/11/2025 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo e a alcaldesa de Boimorto analizan os distintos proxectos comprometidos no concello grazas ao apoio da Xunta

A delegada da Xunta destacou o investimento de máis de 167.000 euros aprobados, no 2025, pola dirección xeral de Administración Local para mellorar a eficiencia enerxética da Casa da Cultura o do ximnasio municipal

18/11/2025 | 14:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Belén de Begonte reforza a súa vertente cultural con dúas publicacións de poesía e un premio para artistas mozos

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da nova edición, da que será pregoeiro o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos

18/11/2025 | 14:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o carácter pioneiro da serie ‘Pensión incompleta’, rodada nas catro linguas oficiais do estado

A Xunta de Galicia subvenciona con 240.000 euros este proxecto inédito de colaboración entre televisións autonómicas que conta coa implicación de Televisión de Galicia e Voz Audiovisual xunto a EITB e 3Cat

17/11/2025 | 15:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta licita o proxecto de restauración da igrexa de Santa María de Atalaia en Laxe, na que se prevé investir 170.000 €

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xa comezou as obras de recuperación do cruceiro e da cruz do testeiro deste Ben de Interese Cultural por valor de 5.000€

17/11/2025 | 15:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda anuncia que a Xunta declara Ben de Interese Cultural o Castro de San Cibrao de Las

Asegura que se trata “dun dos xacementos arqueolóxicos máis sobranceiros e visitados de Galicia” cun alto valor “cultural e histórico”

17/11/2025 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O audiovisual galego preséntase no Festival de Cine de Xixón con tres estreas de filmes subvencionados pola Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu no Teatro Jovellanos á première española de As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns, dentro da competición oficial do certame asturiano