Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 716 novas da área temática Exterior:

04/09/2025 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aberto o prazo de solicitude da bolsa de prácticas no ámbito da I+D+i na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

A Xunta ofrece este programa formativo para brindar a oportunidade de entrar en contacto cos asuntos europeos no ámbito da innovación e da investigación a través da realización de prácticas na oficina de Bruxelas da fundación

03/09/2025 | 12:31 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca en Santander o papel das rexións na construción europea e a contribución de Galicia á cohesión da UE

Advirte do risco da centralización excesiva e chama a unha xestión plural dos fondos europeos para responder ás necesidades reais da cidadanía

03/09/2025 | 09:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Galicia pon en marcha un proxecto pioneiro para medir o impacto real das terapias innovadoras en pacientes con dexeneración macular

O presidente da Xunta agradeceu ao director executivo de Roche Pharma Internacional o seu interese por impulsar acordos pioneiros coa sanidade pública de Galicia

02/09/2025 | 15:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima os tres alumnos que amosarán o gran nivel da FP galega no campionato Euroskills

O conselleiro de Educación recibe os mozos que representarán a nosa Comunidade en Dinamarca: Laura Pereira, do CIFP Manuel Antonio de Vigo; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e Ezequiel Soto, do IES San Clemente de Santiago

01/09/2025 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a competitividade das empresas galegas cunha xornada sobre as oportunidades de cooperación estratéxica en Europa no sector da seguridade, a defensa e o aeroespazo

Celebrarase o venres, 5 de setembro, en Santiago de Compostela, en colaboración coa Empresa Común SESAR e no marco das actuacións da nova Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo

31/08/2025 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba as axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior por case 6 M€

O Goberno galego vén de publicar a resolución coas axudas a un total de 32 proxectos, tres deles en conxunto, promovidos polos axentes de cooperación

04/08/2025 | 18:17 | C. de Facenda e Administración Pública

A Universidade Austral da Arxentina acolle unha clase maxistral sobre a lei galega para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia explicou os contidos e obxectivos da Lei ao alumnado da Facultade de Dereito

04/08/2025 | 16:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Asociación Eólica de Galicia solicitan ao Tribunal Superior de Xustiza que poña fin canto antes á paralización do sector tras a sentenza europea

Celebran que a resolución do Tribunal de Xustiza de Luxemburgo garante ao fin a seguridade xurídica, xa que avala a tramitación ambiental que se fai na Comunidade