Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 695 novas da área temática i+D+i:

06/02/2025 | 17:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Ciencia sitúa os proxectos da empresa Extraco Construcións como exemplo de boas prácticas en innovación e colaboración

A Xunta achega un investimento de máis de 1M€ para a posta en marcha de tres proxectos coa participación de oito empresas e cinco centros de coñecemento

05/02/2025 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta en Ourense sinala ao Polo Creativo do colexio Vicente Risco de Cualedro como un impulso á mellora das competencias tecnolóxicas do alumnado

Manuel Pardo lembrou que os Polos Creativos son espazos educativos innovadores a través dos que se fomenta a creatividade, a resolución de problemas en diversos campos do saber e o desenvolvemento de competencias dixitais, científico-tecnolóxicas e artísticas

05/02/2025 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contratará máis de 100 novos investigadores predoutorais cunha liña de axudas que supera os 47 M€

A Consellería de Ciencia abre, ata o 4 de marzo, o prazo para que profesionais que inician a súa carreira investigadora teñan un contrato estable ata a lectura da tese

04/02/2025 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia súmase na Unesco ao Ano internacional da Cuántica en París xunto a máis de 100 países

A Comunidade celebrará numerosas actividades ao longo dos próximos meses para visibilizar a súa forza neste eido a través do Cesga, universidades e empresas 

03/02/2025 | 17:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta dá a coñecer en Francia as oportunidades de atracción e retorno que ofrece Galicia aos investigadores

A Axencia Galega de Innovación e a Secretaría Xeral de Emigración participan na Asemblea Xeral da Sociedade de Investigadores Españois en Francia xunto ás tres universidades públicas de Galicia

03/02/2025 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia a aprobación do novo plan de I+D+i, que medra un 20% ata os 1.310 M€ con medidas para atraer investigadores e que a ciencia impulse o progreso socioeconómico

Explica que a iniciativa fixa como ámbitos de alto impacto “a biotecnoloxía, a intelixencia artificial, a cuántica e as tecnoloxías limpas”, nos cales Galicia destaca de xeito especial

01/02/2025 | 15:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez gaba a aposta da empresa JJ Chicolino, en Boiro, por proxectos innovadores no eido da acuicultura e a pesca

O conselleiro de Ciencia, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, coñece os proxectos da firma, beneficiaria das axudas de I+D+i da Xunta por case 400.000€

31/01/2025 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Ciencia sinala a empresa Norvento como un exemplo de colaboración cos centros de investigación

O Goberno galego lanzará este ano a nova convocatoria Nexos, que prevé chegar a 50 proxectos e 200 beneficiarios para apoiar traballos de I+D+i

31/01/2025 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha nova convocatoria da Xunta para investigadores posdoutorais eleva a case 300 os contratos cun investimento de máis de 55 M€

O DOG publica dúas convocatorias, dotadas con 20 M€, que inclúen o financiamento para establecer liñas de investigación ata 2031 a 73 profesionais xa doutorados

30/01/2025 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala os proxectos da empresa Cardama Shipyard como exemplo de colaboración cos centros de investigación

A Xunta lanzará este ano a nova convocatoria Nexos, dotada con máis de 20M€ e que prevé chegar a 50 proxectos e 200 beneficiarios para apoiar traballos de I+D+i