Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Dixital:

11/12/2024 | 11:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Bioga, Clúster Saúde de Galicia e Xunta presentan as oportunidades de colaboración Galicia-Carolina do Norte para o sector biotecnolóxico

O conselleiro de Ciencia destaca na apertura do encontro a importancia de reforzar a visibilidade do sector para converterse nunha biorrexión de referencia internacional

10/12/2024 | 10:40 | C. de Facenda e Administración Pública

O profesor de Dereito administrativo da USC, Marcos Almeida, analizará na EGAP as bases para a regulación da intelixencia artificial no sector público

A Escola Galega de Administración Pública acollerá o xoves a conferencia Bases para a regulación da Intelixencia Artificial no sector público

08/12/2024 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 240 centros de toda Galicia participan este curso na nova edición de `Navega con rumbo’ para promover o uso responsable das tecnoloxías

Esta acción forma parte do abano de iniciativas que a Xunta está reforzando para favorecer o uso correcto da internet e as redes sociais por parte do alumnado

05/12/2024 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia con máis de 2 M€ a investigación en tecnoloxías da información e comunicacións do CITIC

O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan este centro da UDC, que conta con máis de 230 investigadores

02/12/2024 | 15:28 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda anuncia que Galicia se converte na primeira rexión europea que regula por lei o uso da intelixencia artificial

O Consello aproba o Proxecto de Lei para o desenvolvemento da IA en Galicia que agora será remitido ao Parlamento

29/11/2024 | 13:05 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde é premiado no VI Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación por un dispositivo no eido das endoscopias flexibles

O galardón recoñece o uso do procedemento de “Asociación para a Innovación” no desenvolvemento do dispositivo UNI-VEC, destinado á extirpación avanzada de tumores rectais mediante endoscopia flexible e cirurxía endoscópica transanal

28/11/2024 | 16:24 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Rueda destaca que Galicia vai ser pioneira coa aprobación da primeira lei autonómica de intelixencia artificial

A futura normativa, que espera que se poida aprobar no Consello da Xunta proximamente, busca garantir un emprego seguro e ético desta tecnoloxía

28/11/2024 | 16:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Rede CeMIT xestiona máis de 40.000 horas de formación anuais en competencias dixitais

O II Encontro de dinamizadores da Rede CeMIT celebrouse hoxe na Cidade da Cultura

28/11/2024 | 15:24 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promoverá a incorporación da intelixencia artificial ao sector turístico para analizar a evolución dos destinos

O director de Turismo de Galicia clausurou esta mañá a xornada ‘Decide o consumidor ou a intelixencia artificial?’ que tivo lugar na Cidade da Cultura