Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Auga:

14/07/2025 | 12:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación nun tramo fluvial de preto de 5 quilómetros no río Tomeza, nos concellos de Pontevedra e Vilaboa

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 10 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

13/07/2025 | 09:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contrata por 1,15 M€ a vixilancia e seguimento dos vertidos de augas residuais na demarcación hidrográfica Galicia-Costa

O obxectivo é favorecer a sostibilidade ambiental e a xestión eficiente dos recursos hídricos dentro da conca xestionada por Augas de Galicia, contribuíndo á protección dos ecosistemas acuáticos e a mellorar a calidade das augas da Comunidade

11/07/2025 | 15:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta pide ao Goberno central que fixe criterios claros para declarar zonas vulnerables por nitratos atendendo ás peculiaridades das comunidades

O Executivo galego considera vital que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico conclúa o estudo de presións e impactos cos datos aportados polas autonomías e estableza limiares na liña dos que marca a Comisión Europea

10/07/2025 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez e o alcalde de Valga avalían vías de colaboración en materia de augas e xestión de residuos

Ángeles Vázquez pon en valor os máis de 740.000 euros que Augas de Galicia leva investidos nas obras de mellora da marxe dereita do río Valga e do espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO-548 e a liña do ferrocarril

07/07/2025 | 13:03 | C. do Mar

Galicia defende na súa estratexia de economía azul un cambio enerxético xusto e sostible para o sector

Esta folla de ruta da Xunta inclúe o desenvolvemento de axendas intersectoriais, a promoción de tecnoloxías para un sector naval con cero emisións, a especialización dos portos e a posta en marcha dunha plataforma de ensaio de enerxías renovables

04/07/2025 | 17:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza nos contactos cos concellos da ría de Pontevedra co fin de crear unha mancomunidade de abastecemento de auga que optimice a xestión na zona

Responsables de Augas de Galicia e dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Bueu, Vilaboa e Ponte Caldelas analizan como mellorar o aproveitamento dos recursos hidráulicos para afrontar con garantías posibles situacións de seca

03/07/2025 | 13:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia aposta polas políticas activas ante o cambio climático e a xestión integrada dos recursos hídricos nos seus investimentos e liñas de acción en 2025

Roi Fernández salienta o incremento do orzamento da entidade pública empresarial para este ano, que sobe de 137 M€ a 144 M€, o que supón case un 5 % máis

26/06/2025 | 17:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Cervo avalían vías de colaboración para mellorar o servizo de abastecemento de auga na contorna de Trasbar

Os técnicos de Augas de Galicia analizarán o proxecto presentado polo Concello de cara a valorar a súa viabilidade e as posibles fórmulas para acometer o seu financiamento

26/06/2025 | 14:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do lugar do Canedo cun investimento de arredor de 700.000 euros

Ángeles Vázquez salienta que os traballos, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza co ano 2045 como horizonte

22/06/2025 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman máis de 10 quilómetros no Concello de Valga

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 16 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos