Actualidade
Buscador de novas
Emigración potencia a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno cun servizo de atención fiscal básico
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a sede situada na capital galega onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación dos técnicos destinados a apoiar aos galegos do exterior nos eidos laboral, social, xurídico e tributario na súa volta a Galicia
A Xunta adxudicou xa o 70% dos fondos Next Generation orzamentados para 2023
A execución destes fondos no ano 2021 viuse afectada polo feito de que Galicia recibiu máis do 70% deses recursos nos últimos meses do ano
A EGAP convocou 735 actividades formativas entre xaneiro e xullo
O conselleiro de Facenda e Administración Pública presidiu hoxe o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, onde se avaliaron as actividades levadas a cabo durante 2023 e a formación prevista para o segundo semestre
Galicia pechou o mes de maio como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
O período medio de pago de Galicia foi de 11,14 días, doce días por debaixo da media autonómica
A Xunta destaca que a Indicación Xeográfica Protexida de viños “Terras do Navia” mellora e ampara a calidade e personalidade deste produto do agro galego
O conselleiro Miguel Corgos recoñeceu o labor dos produtores e viticultores da zona, así como da Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e do Viñedo da Ribeira do Río Navia, que foron os promotores da iniciativa
O Consello de redacción da revista Administración&Cidadanía aproba os contidos da próxima publicación
O volume 18 núm. 1 da revista incluirá artigos sobre o regulamento sanitario internacional, a participación cidadá, a seguridade industrial ou a fidelidade electoral en España, entre outros temas
O Observatorio da Sociedade da Información analizará o nivel de dixitalización das persoas maiores e o uso do galego nas TIC
Son os novos informes que publicará o OSIMGA ao longo desta anualidade
O Goberno galego abre o proceso de captación de investimentos privados para a sociedade mixta que se creará ao abeiro da Lei de recursos naturais
Rueda indica que as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas desde o vindeiro luns e ata o 30 de xuño
A Xunta colabora con 36 funcionarios na campaña de atención presencial para a elaboración da renda 2022 que comeza hoxe
Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia para loitar contra a suba de prezos