Actualidade
Buscador de novas
O Centro de Supercomputación de Galicia incorpora un investigador do prestixioso programa Ramón y Cajal
O conselleiro de Ciencia recibe ao científico Pablo Ouro, que levaba 12 anos en Reino Unido e centrará a súa investigación no ámbito das enerxías renovables
Román Rodríguez felicita polo seu 10º aniversario ao CRETUS, que conta cun apoio da Xunta de máis de 3 M€
O conselleiro destaca o labor do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais da USC, acreditado polo Goberno galego como membro da Rede CIGUS pola súa excelencia
O equipo da área de talento e transferencia da Axencia Galega de Innovación intégrase nas instalacións do CIFP Ferrolterra para fomentar a I+D+i
A directora xeral de FP e a directora da Axencia Galega de Innovación poñen en valor esta colaboración en innovación e emprendemento no tecido empresarial da comarca
A Xunta lanza o programa Activa I+G+i cun investimento de case 53 M€ para fomentar a transferencia
Rueda anuncia a posta en marcha do primeiro programa de axudas ao abeiro do Plan galego de investigacón e innovación 2025-2027
A Xunta destaca a aposta do programa Emega como impulso dos emprendementos femininos no eido da innovación e da tecnoloxía
Unha das modalidades que contempla o programa é Emega Innova, con apoio de ata 42.000 euros para proxectos de carácter innovador
O Consello Galego de Intelixencia artificial debate o programa para o desenvolvemento e aplicación desta tecnoloxía na Xunta ata 2027
Na primeira reunión executiva deste órgano, creado para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia, debatéronse as liñas da resposta de Galicia á consulta da Comisión Europea sobre os sistemas de IA de alto risco
A Xunta financia a 68 investigadores posdoutorais para que afiancen a súa traxectoria en Galicia
A Consellería de Educación adxudica os contratos de 2025 por 18M€ para incorporar 49 novos investigadores a formación completa e facilitar a continuidade doutros 19
Rueda reivindica en Ourense o liderado galego no sector aeroespacial co novo edificio da Escola de Enxeñería Aeronáutica
O edificio inclúe un financiamento de 6,3 millóns por parte da Xunta, o 60% do total, e contará con 6.500m2 de superficie
Rueda salienta a aposta de Galicia por liderar a revolución cuántica con talento propio e infraestruturas de referencia
Destaca que o “ecosistema TIC” xerado nos últimos anos, sitúa á comunidade “nunha boa situación” para aproveitar “a oportunidade” das tecnoloxías cuánticas
A Xunta reforza o programa Investigo con 738.000 euros adicionais ás pequenas e medianas empresas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se materializa esta acción co fin de incrementar o seu impacto na contratación de mozos e mozas como investigadores, tecnólogos, persoal técnico e outros perfís especializados en I+D+i