Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 538 novas da área temática Portos:

06/02/2025 | 16:25 | C. do Mar

A campaña `GALICIA SABE AMAR´ divulga entre os alumnos do CRA Boqueixón-Vedra o mellor sabor das rías galegas e os beneficios para a saúde que hai detrás do seu consumo

A delegada da Xunta, Belén do Campo,  visitou a foodtruck que ao longo da mañá recibiu aos estudantes deste centro

06/02/2025 | 15:40 | C. do Mar

A Xunta de Galicia publica hoxe no DOG a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos terreos para ampliar a contorna da lonxa de Barallobre

Portos de Galicia investirá 185.000 euros na estabilización dos noiros lateral e posterior  ao edificio da rula do municipio de Fene e incrementará o espazo do paso circundante para mellorar a seguridade do tránsito de persoal ou maquinaria

06/02/2025 | 15:36 | C. do Mar

O Consello Reitor de Portos de Galicia aproba a declaración de innecesariedade de terreos en oito municipios para avanzar na súa reversión ao estado

O ente público remata así os trámites da súa competencia nos peiraos incluídos na primeira fase do procedemento de devolución á Administración Xeral do Estado da titularidade de solo que rexistra uso público veciñal para que se transfira, no seu caso, aos Concellos

06/02/2025 | 13:10 | C. do Mar

A Xunta impulsa a expansión exterior do tecido industrial marítimo-pesqueiro galego cun investimento de 90 M€

Na actualidade, Galicia é 15ª potencia exportadora mundial de produtos pesqueiros, alcanzando as empresas en 2023 un volume de facturación de 2.800M€

04/02/2025 | 14:51 | C. do Mar

Portos de Galicia proxecta estudios con prototipos a escala para escoller a mellor alternativa técnica para reforzar a seguridade en Malpica

Os orzamentos da Xunta de Galicia contemplan unha partida de 250.000 euros para estes traballos e outra de 1,2 para dotar de departamentos ao profesionais malpicáns

27/01/2025 | 14:37 | C. do Mar

A Xunta renova a súa alianza coa DOP Mexillón de Galicia para afondar na promoción e comercialización do produto estrela da acuicultura galega

O conselleiro do Mar puxo en valor o labor e traxectoria desta entidade que desde 1994 traballa en favor do recoñecemento da calidade e excelencia deste molusco bivalvo entre produtores, comercializadores e consumidores

27/01/2025 | 14:13 | C. do Mar

Aneiros destaca os preto de 90.000 euros en apoios concedidos pola Xunta á confraría de San Telmo de Mugardos para a mellora dos bancos marisqueiros

A responsable autonómica abordou co responsable da confraría a situación actual da mesma e as súas necesidades