Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.863 novas da área temática Economía:

22/09/2026 | 17:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por "industrializar a innovación" para converter o talento en crecemento empresarial e emprego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Sevilla no Al-Andalus Innovation Venture, onde pon en valor o papel da Administración como facilitadora e conectora entre startups, empresas, tecnoloxía, financiamento e mercado

22/09/2026 | 14:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda reafirma o apoio da Xunta ás empresas familiares por ser motor económico e atraer talento á comunidade

Destaca a importancia de medrar e competir a nivel internacional “sen perder as raíces e a base”

21/09/2026 | 18:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reúnese cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para avaliar os seus proxectos en Galicia e estudar vías de colaboración futura

Sitúa á comunidade como un territorio atractivo para investir, grazas á vantaxes como a estabilidade institucional e o apoio da Administración aos proxectos estratéxicos

19/09/2026 | 14:27 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a vindeira semana comezarán en Sada as obras do novo Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Applus en Galicia

A conselleira destaca que o proxecto contará cun investimento de 6,5 M€ e é o único centro destas características que ten a multinacional en todo o mundo

18/09/2026 | 12:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a intelixencia artificial como unha oportunidade para mellorar a competitividade do sector da madeira e o deseño

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración do Programa de Formación Directiva en Intelixencia Artificial impulsado polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

17/09/2026 | 20:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica a moda galega como sector estratéxico e a innovación como panca para reforzar a súa competitividade

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na inauguración de Galicia conversa: anatomía da moda galega, onde destacou a tradición, o coñecemento, a cultura empresarial e o talento cos que conta Galicia nunha industria con capacidade para competir nos mercados internacionais

17/09/2026 | 16:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca nas Pontes o interese crecente das empresas por investir en Galicia

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez participa no coloquio As Pontes construíndo futuro, e subliña que a Administración galega analiza cada semana novos proxectos “o que é sinal de que as cousas se están a facer ben”

17/09/2026 | 14:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta o papel das empresas instaladoras para trasladar a eficiencia enerxética aos fogares

A feira está organizada por Aúna Distribución, unha das principais centrais de compras e servizos en España especializada neste mercado, que agrupa 89 empresas distribuidoras cun volume de negocio superior aos 2.100 M€

17/09/2026 | 13:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por industrializar a innovación e levar todo o potencial da intelixencia artificial a máis empresas galegas

A directora do Igape, Covadonga Toca, destaca na II edición de GALIA TECH que Galicia parte dunha posición avanzada, cun tecido empresarial e un ecosistema innovador que xa están incorporando a intelixencia artificial e outras novas tecnoloxías á súa actividade