Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.924 novas da área temática Emprego:

02/10/2026 | 13:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o PIE da Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol que acadou o 40% de inserción laboral das súas participantes

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou no acto que tivo lugar no centro de formación Irmáns Froilaz de Narón

02/10/2026 | 13:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia rexistra o setembro con menos paro desde que hai rexistros, con 112.437 persoas, e o máximo de afiliacións para este mes, con 1.127.967 cotizantes

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións á Seguridade Social destacando que o paro na Comunidade galega cae na comparativa anual en 648 persoas

01/10/2026 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Fabiola García reivindica a igualdade de xénero como motor de crecemento económico e xeración de oportunidades en Galicia

A conselleira destaca o apoio da Xunta ao talento feminino e ao emprendemento, con 5M€ anuais para impulsar proxectos empresariais de mulleres galegas

01/10/2026 | 15:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva neste mes de outubro a 27 os obradoiros duais de emprego en marcha na provincia da Coruña con 530 participantes e un investimento de máis de 13 M€

José González pon en valor o obradoiro dual ‘Reserva da Biosfera: Emprego Verde IV’ compartido por Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Paderne e Sada, con 20 participantes en senllas especialidades relacionadas co sector forestal e a construción

01/10/2026 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
30/09/2026 | 15:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inaugura en Ourense unha serie de xornadas orientadas a mellorar a empregabilidade a través de ferramentas prácticas de intelixencia artificial

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe na clausura da primeira xornada ‘CompetencIA’, que tivo lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO)

30/09/2026 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo clausura o Programa Integrado de Emprego de Ribeira no que participaron un cento de persoas desempregadas e que contou cun apoio da Xunta de 220.000€

A delegada sinalou a importancia de continuar reforzando este instrumento de apoio ao emprego e anunciou que a Xunta destina máis de 10 millóns de euros aos PIE en 2026-2027, co obxectivo de seguir mellorando a empregabilidade das persoas participantes e ampliar as súas oportunidades de acceso ao mercado laboral

29/09/2026 | 14:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Fundación Laboral da Construción impulsan cun piloto a formación e as oportunidades laborais no sector de 80 persoas desempregadas

José González salienta esta acción como exemplo de colaboración público-privada e agradece o labor da Fundación Laboral da Construción e dos municipios implicados, que son O Carballiño, Arteixo, Sanxenxo e Santiago de Compostela