Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.497 novas da área temática Medio ambiente:

20/08/2026 | 14:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola sensibilización cidadá para seguir mellorando a reciclaxe de envases lixeiros e reducir os residuos impropios no contedor amarelo

Ángeles Vázquez incide na importancia de fomentar unha correcta separación dos residuos, sobre todo naquelas zonas onde o modelo de xestión acaba de cambiar

19/08/2026 | 15:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor de Amicos na integración dos seus usuarios en proxectos medioambientais de primeiro nivel

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou o centro residencial da entidade e participou nun programa de conservación mariña

19/08/2026 | 14:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental desfavorable sobre o proxecto de modificación e ampliación do parque eólico Edreira I, na Lama

A resolución destaca o informe negativo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural que resulta determinante ao considerar que o proxecto producirá efectos adversos significativos e non é compatible coa preservación da biodiversidade da contorna

19/08/2026 | 12:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina case 60.000 € á construción dunha fonte transitable na Laracha que actuará como refuxio climático en pleno centro urbano

A intervención, cuxo custo cubrirá nun 80% a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, permitirá habilitar un novo espazo público destinado a mitigar o efecto illa de calor mediante a instalación dunha fonte con chorros de auga emerxentes

18/08/2026 | 11:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Ourense inician a construción do proxecto piloto de refuxio climático urbano

A intervención abrirá un corredor verde lineal, de norte a sur, coa instalación de xardineiras nas que se plantarán diferentes especies e a naturalización das rotondas

18/08/2026 | 11:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao plan parcial para ordenar e resolver as conexións exteriores do Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, en Zas

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na zona de intervención

18/08/2026 | 11:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un centro de xestión de residuos non perigosos en Palas de Rei

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

17/08/2026 | 14:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por case 840.000 € as obras de mellora da estación depuradora de San Cristovo de Cea

A intervención, cun prazo de 12 meses para executar os traballos, permitirá resolver as carencias da actual EDAR e introducir sistemas tecnolóxicos para automatizala

15/08/2026 | 10:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 23 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do río Umia, en Caldas de Reis

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento 

14/08/2026 | 11:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza por primeira vez un programa de seguimento de bolboretas nocturnas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A illa de Cortegada, na que se está a realizar este estudo, rexistrou na súa primeira noite preto de 130 exemplares destas avelaíñas de máis de 40 taxóns distintos