Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Portos:

10/06/2026 | 19:04 | C. do Mar

Galicia prevé mobilizar máis de 55 M€ do FEMPA neste 2026 para blindar o liderado e competitividade do conxunto da cadea mar-industria

A secretaria xeral técnica de Mar, Marta Barreiro, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantiveron unha reunión bilateral coa Comisión Europea en Alacante

10/06/2026 | 12:58 | C. do Mar

A Xunta remata as obras de reconstrución do peirao interior de Muros cun investimento de 460.000 €

Marta Villaverde visitou os traballos executados por Portos de Galicia para reforzar a estabilidade da estrutura e garantir a seguridade das persoas e a maquinaria que transitan a zona

07/06/2026 | 11:13 | C. do Mar

Mar publica este luns a convocatoria das axudas de pesca artesanal, dotadas con 5,1 M€

Subvencionaranse medidas técnicas de xestión e vixilancia, accións de colaboración co sector e información para mellorar o coñecemento e sustentabilidade das pesqueiras

03/06/2026 | 11:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para instalar unha nova terminal de almacenamento de betume no porto de Vilagarcía de Arousa

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

26/05/2026 | 17:35 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios

O presidente do ente público reuniuse coa alcaldesa para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e, no seu caso, trasladarse ao Concello en base aos criterios técnicos consensuados coa Fegamp