Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.549 novas da área temática Sanidade:

07/08/2026 | 10:03 | C. de Sanidade
06/08/2026 | 15:24 | C. de Sanidade

Villares destaca a aposta da Xunta pola Atención Primaria, con novas infraestruturas e medidas organizativas

O delegado territorial de Lugo visitou hoxe a parcela na que se construirá o novo centro de saúde de Becerreá e indicou que se traballa na elaboración do proxecto

06/08/2026 | 13:27 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o carácter punteiro do servizo de oftalmoloxía do hospital de Conxo, cun 55,7 % máis de actividade cirúrxica e preto de 35.000 primeiras consultas en 2025

Resalta que se reduciu a demora media para a primeira consulta en oftalmoloxía de 34,9 días a só 22, aínda aumentando a actividade

05/08/2026 | 15:15 | C. de Sanidade

Belén do Campo visita a unidade de doazón de sangue da campaña estival “Un Alento de Vida” que chega ao Obelisco na Cidade da Coruña

A delegada lembrou que no pasado 2025, A Coruña foi a segunda cidade galega en número de doazóns, con 10.772, e unha taxa de 43 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, índice que se atopa por riba da media de Galicia (39/1.000)

05/08/2026 | 13:04 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a reforma do centro de saúde de Oca, á que a Xunta e o concello da Estrada destinan 154.000 euros, como un exemplo máis da aposta do Goberno galego pola atención primaria

A Consellería de Sanidade e o Concello financiarán a partes iguais a reforma, que permitirá mellorará a atención sanitaria que se presta á veciñanza deste municipio

05/08/2026 | 10:54 | C. de Sanidade

A Xunta publica no portal de transparencia o proxecto de decreto de estrutura das áreas sanitarias do servizo galego de saúde que potencia a atención primaria e comunitaria e a enfermería

Todas as áreas sanitarias contarán cunha Dirección de Atención Primaria e Comunitaria que dependerá directamente da Xerencia 

05/08/2026 | 10:20 | C. de Sanidade
04/08/2026 | 14:46 | C. de Sanidade

A Xunta ultima a Estratexia Galega de Lactancia Materna 2026-2030, que ten como un dos obxectivos aumentar ata o 60% os bebés que manteñen a lactación materna exclusiva aos seis meses

Trátase da primeira folla de ruta específica de Galicia nesta materia, que permitirá coordinar actuacións entre saúde pública, atención primaria, hospitais, comunidade educativa, empresas e entidades sociais