Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 565 novas da área temática Auga:

05/12/2024 | 14:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta conclúe a construción do tanque de tormentas e dos novos colectores de Lalín tras un investimento de máis de 7 millóns de euros

Os traballos permiten mellorar a rede de saneamento de augas do municipio e as condicións medioambientais do río Pontiñas

05/12/2024 | 12:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Moaña que suman máis de 7,2 km

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 24 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

03/12/2024 | 11:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia tramitará a súa propia lei de meteoroloxía se o Goberno central rexeita a solicitude da Xunta para o traspaso das competencias neste eido

O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar ante episodios adversos que afectan á saúde e ao benestar da cidadanía

01/12/2024 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá máis de 1,6 M€ para garantir o servizo de depuración de augas á veciñanza de Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra

Entre as tarefas a desenvolver no período 2025-2029 inclúense os traballos de explotación necesarios para asegurar o seu correcto funcionamento e os labores de mantemento e conservación das instalacións, equipos e demais elementos das EDAR

27/11/2024 | 14:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Outes que suman máis de 12 quilómetros

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 14 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

27/11/2024 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 10 M€ un contrato para os próximos cinco anos co que optimizar a xestión das 28 depuradoras de augas que explota na comunidade

Ángeles Vázquez destaca que o servizo de asistencia técnica e apoio á dirección de explotación de Augas de Galicia nas EDAR é por un prazo inicial de dous anos e inclúe a posible prórroga por tres máis así como incorporar novas instalacións

26/11/2024 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca o seu compromiso coa mellora das infraestruturas hidráulicas de Viveiro, ás que destinou case 8 M€ nos últimos anos

O delegado territorial e o director de Augas de Galicia reuníronse con representantes do Concello mariñán para coñecer as súas necesidades en materia de abastecemento de cara a solicitar vías de financiamento