Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.518 novas da área temática Emprego:

06/01/2026 | 09:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continuará impulsando neste 2026 o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’ que vén de ser distinguido nos Premios Nacionais de Artesanía

A iniciativa impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia desde o ano 2013 co obxectivo de facer converxer artesanía e gastronomía foi recoñecida na categoría Promociona Entidades Públicas

05/01/2026 | 11:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia pecha 2025 con 6.807 persoas desempregadas menos ca hai un ano e con 17.715 cotizantes máis á Seguridade Social

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, valorou hoxe os datos de desemprego e afiliacións rexistrados en decembro, que en ambos casos anotan os mellores datos da serie histórica nese mes

04/01/2026 | 10:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o coñecemento do comercio local entre máis de 2.200 estudantes de preto de 50 centros educativos galegos a través do Programa Localízate

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, deu recentemente a benvida aos docentes participantes na formación en liña da nova edición da iniciativa

02/01/2026 | 12:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanzará neste 2026 no redeseño integral da formación para o emprego tanto para as persoas sen traballo como para as ocupadas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, abordou a redifinición da proposta formativa impulsada pola Xunta con representantes da Confederación Española de Empresas de Formación (Cecap)

02/01/2026 | 12:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta comezará a titorizar este mes os 15 proxectos seleccionados no marco da aceleradora de economía social que acollerá o Polo de Vilanova

Anunciouno hoxe a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, nunha visita ao Polo de emprendemento arousán, onde recordou que a aceleradora Xunta Impulsa forma parte do proxecto transfronteirizo ES-Factory

30/12/2025 | 10:31 | C. de Sanidade

A Xunta publica os decretos polos que se convocan 123 prazas en diferentes postos da administración sanitaria

A primeira das ofertas públicas de emprego que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia inclúe un total de 100 prazas para a provisión de postos de difícil cobertura

30/12/2025 | 10:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza no seo do diálogo social na elaboración da pioneira Estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, reuniuse co grupo de traballo de Igualdade Laboral para tratar a redacción deste texto e para abordar a orde que desenvolverá o decreto que regula a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade