Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 315 novas da área temática Facenda:

22/05/2023 | 16:56 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,40 días en marzo, case 20 días por debaixo da media de comunidades autónomas

22/05/2023 | 11:57 | C. de Facenda e Administración Pública

Os cidadáns galegos contan desde hoxe cun novo servizo para confeccionar a autoliquidación do modelo 620

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) ofrece aos particulares que compren un vehículo de segunda man a realización da autoliquidación do Imposto pola transmisión onerosa de medios de transporte usados (modelo 620)

21/05/2023 | 10:03 | C. de Facenda e Administración Pública

O Nodo CIBER.gal leva a Ourense a xornada “Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro” o vindeiro 13 de xuño

O obxectivo da xornada é fomentar a creación de talento especializado, trasladar as oportunidades reais que supón especializarse neste eido e dar a coñecer de primeira man o día a día dun profesional dedicado á materia

09/05/2023 | 20:47 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta gaba a solidez e a capacidade de recuperación do sector dos seguros

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou na entrega dos Premios Galicia Segura

05/05/2023 | 13:10 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta salienta a colaboración entre organismos como chave no funcionamento dos sistemas de integridade institucional

O conselleiro de Facenda e Administración Pública destacou a experiencia galega co Consello de Contas e fixo un repaso polos case dez anos do exercicio de rendemento de contas das políticas públicas

05/05/2023 | 10:23 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta colabora con 36 funcionarios na campaña de atención telefónica para a elaboración da renda 2022 que comeza hoxe

Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia para loitar contra a suba de prezos

05/05/2023 | 09:53 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia Tributaria de Galicia anula débedas residuais en período executivo por ter un importe inferior a tres euros

Así se desprende dunha resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG)
 

25/04/2023 | 14:35 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a estabilidade orzamentaria e a planificación como claves para xerar credibilidade e confianza

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, compareceu hoxe no Pleno do Parlamento para informar do peche do exercicio 2022

20/04/2023 | 16:44 | C. de Facenda e Administración Pública

Os galegos xa poden pagar os seus impostos a través da plataforma Bizum

Con esta forma de pago, aberta tanto a particulares como a empresas, amplíanse as canles xa dispoñibles para facilitar o cumprimento das obrigas tributarias á cidadanía, evitar desprazamentos e permitir aforro de tempo nos trámites

10/04/2023 | 14:27 | C. de Facenda e Administración Pública

Os contribuíntes galegos beneficiaranse xa na campaña da renda de 2022 das medidas de alivio fiscal para loitar contra a inflación

A campaña da renda 2022 iníciase mañá coa presentación das declaracións por internet