Actualidade
Buscador de novas
Galicia recorre a xuristas especializados en dereito europeo para reforzar e apuntalar a súa participación no recurso da frota contra o veto á pesca de fondo
A medida pretende dar resposta á necesidade de actuar con carácter urxente, cunha estratexia ben definida e liderada tanto por profesionais coñecedores da materia como por expertos familiarizados cos procedementos que rexen nas accións ante os tribunais europeos
O Executivo galego traballa na defensa dos intereses do conxunto do sector coa finalidade de acadar tanto a suspensión temporal da aplicación desta prohibición en 87 áreas de augas comunitarias como a súa anulación definitiva
Fernández-Tapias destaca o éxito do concurso de ideas para o novo Centro de Asociacionismo de Vigo tras recibir 29 propostas para reformar o edificio dos xulgados
A delegada territorial da Xunta salientou que avanza o proceso para elixir o proxecto gañador para a reforma integral do edificio da rúa Lalín
A Xunta participa na creación dunha comisión mixta cos letrados de Administración de Xustiza
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe nunha reunión na que se acordou crear un grupo de traballo no que se abordará o funcionamento, estrutura e persoal ao servizo da Administración de Xustiza
A Xunta e a Unidade de Vixilancia de Edificios Xudiciais avalían as medidas de seguridade implantadas na Cidade da Xustiza
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou o edificio xunto co xuíz decano Germán Serrano, o coronel xefe da Garda Civil Miguel Estévez e o inspector xefe da Policía Nacional Vicente Riveiros
A Xunta recibe máis de 1.800 solicitudes para acreditar o recoñecemento da traxectoria profesional do persoal da Administración de Xustiza
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas sobre o recoñecemento extraordinario dos graos I e II
A Xunta destina máis de 123.500 € ao equipamento do novo xulgado de primeira instancia de Lugo
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou xunto co presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, o novo órgano xudicial que comeza a funcionar hoxe atendido por oito traballadores da Administración de Xustiza