Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza que traballa coa Ceoma para que a residencia Volta do Castro conte coa certificación de centro libre de suxeicións
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que con este xa serían tres os centros residenciais públicos recoñecidos por este organismo
Fabiola García acompaña a 200 usuarios de sete residencias de maiores da Xunta na súa primeira xornada de confraternización
A conselleira de Política Social e Igualdade destacou que a xornada de convivencia representa a aposta do Executivo galego por seguir impulsando a vida pública e social na terceira idade
Rueda destaca que a nova central multicanle en colaboración coa Cruz Vermella permitirá tecer unha rede contra a soidade non desexada
O servizo ofrecerá atención telefónica gratuíta, seguimento personalizado e puntos presenciais en toda Galicia para detectar e acompañar a quen se atope en situación de illamento
A Xunta destaca o labor que desenvolve o centro de día de Campo Lameiro no fomento dun envellecemento activo e saudable
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria tamén puxo en valor a unidade de vida activa deste centro que promove a autonomía dos usuarios
A Xunta lembra que segue aberto o prazo da convocatoria de axudas para programas de entidades do Terceiro Sector con cargo ao 0,7% do IRPF
O orzamento inicial destas axudas é de 33M€, que podería elevarse ata 35M€, o que supón un incremento do 7% con respecto á anterior convocatoria
Fabiola García avanza que coa adhesión do hotel do Faro de Fisterra xa son case 900 os establecementos galegos que ofrecen descontos co Carné +65
A conselleira entregou ao persoal do complexo o distintivo que acredita como adherido a este carné e grazas ao que ofrecerá un 10% de desconto aos maiores de 65 anos
Rueda salienta a nova Estratexia Contra o Idadismo como un fito para crear unha sociedade máis xusta e humana
Galicia é a primeira comunidade autónoma en elaborar unha estratexia contra o idadismo
A Xunta e 23 concellos galegos alíanse para prescribirlle actividade física aos maiores de 60 anos a través do plan ‘Adestra a túa saúde’
Segundo anunciou Diego Calvo, cada un dos municipios participantes nesta iniciativa recibirá unha achega de 10.000 euros para apoiar o desenvolvemento do programa
Rueda sinala que o cupo que esixen os independentistas ocasionaría a Galicia un prexuízo económico similar ao custo de dous anos de prestacións de dependencia
Apunta que o informe presentado hoxe no Consello da Xunta “constata que a situación pon en perigo a prestación dos servizos básicos en Galicia"
A Xunta lembra que está aberto o prazo da orde de axudas para a creación de novas casas do maior
O prazo para presentar as solicitudes remata o próximo mércores 23 de xullo