Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 517 novas da área temática Emigración:

08/10/2024 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

O secretario xeral da Emigración dá a benvida aos maiores do exterior que participan no programa ‘Reencontros con Galicia’

Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, levarase a cabo do 8 ao 19 de outubro

07/10/2024 | 10:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta reanuda este martes o seu percorrido por Galicia, consolidándose como un recurso clave para facilitar a chegada dos galegos do exterior

Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo

01/10/2024 | 12:44 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao embaixador da Arxentina o compromiso de afianzar as relacións para avanzar nos intereses das empresas galegas e da colectividade

Salientou a importancia de colaborar en materia pesqueira, onde as compañías galega xeran 5.500 empregos na Arxentina

23/09/2024 | 09:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza da man dos principais sectores produtivos no reto de abordar a cobertura das vacantes laborais e a captación de talento

José González puxo en valor o esforzo conxunto público-privado que supoñen estas xornadas para abordar en común co tecido produtivo un reto de tanto calado como é o de dar resposta á demanda de man de obra que precisan

22/09/2024 | 16:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia apoia a carreira solidaria organizada pola sociedade beneficente Rosalía de Castro, que reúne en São Paulo a miles de persoas

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participa nesta cita benéfica, que conta co apoio da Xunta de Galicia para reforzar o compromiso coa comunidade galega en São Paulo

15/09/2024 | 16:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda agradece á colectividade galega en Asturias o seu compromiso co mantemento dos lazos entre ambas comunidades

Resalta os lazos de unión entre as dúas comunidades e as súas xentes, e recorda a importancia de que ambas administracións autonómicas traballen xuntas nos ámbitos comúns

15/09/2024 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 50 galegos do exterior benefícianse este curso das bolsas do Programa Retorna Talento FP

O lugar de procedencia das persoas beneficiarias é maioritariamente A Arxentina, seguido do Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, Panamá, Australia e Alemaña

09/09/2024 | 12:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz traslada á asociación de amigos de Venezuela en Vigo o apoio do Goberno galego aos emigrantes retornados

A delegada territorial da Xunta mantivo un encontro con Manuel Pérez, representante tamén da Federación Venezolana de Galicia (Fevega)

09/09/2024 | 12:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na integración sociolaboral dos migrantes en situación irregular a través da 2ª fase do proxecto pioneiro de arraigamento para a formación

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, clausurou hoxe a xornada Arraigo para a formación. Oportunidades no sector da construción de Galicia, organizada pola Fundación Laboral da Construción

04/09/2024 | 12:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso cos traballadores autónomos e as persoas estranxeiras que queren emprender en Galicia

José González destacou a contribución dos traballadores por conta propia a un mercado laboral que en agosto sumou case 15.000 novas afiliacións na comparativa interanual e obtivo a mellor cifra de paro nun mes de agosto dos últimos 28 anos