Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.218 novas da área temática Igualdade:

11/07/2025 | 10:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta outorga a Medalla Emilia Pardo Bazán á política Manuela López Besteiro, á deportista olímpica Teresa Portela e á Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia

Os galardóns recoñecen o labor e as accións desenvolvidas polas persoas premiadas a prol da igualdade de xénero entre mulleres e homes en Galicia

10/07/2025 | 18:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que máis de 5.000 persoas xa se achegaron ao Espazo de Igualdade e Punto Lila e Arco Iris nos festivais para asesorarse en materia de igualdade e LGBTI

Estes recursos que agora están no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, percorrerán despois o Atlantic Fest, no Río Verbena, no Morriña Fest e no Caudal Fest

09/07/2025 | 15:11 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García reivindica o compromiso da Xunta na loita contra a violencia de xénero poñendo en marcha medidas pioneiras e reforzando os recursos

A conselleira de Política Social e Igualdade recalcou a importancia da colaboración entre as Administracións á hora de combater a violencia contra as mulleres

08/07/2025 | 18:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia comparte con Cantabria o seu modelo de inclusión educativa que é referente en España

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa en Santander nun seminario centrado na neurociencia e a aprendizaxe desde a evidencia científica

08/07/2025 | 14:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta a importancia de seguir impulsando recursos en materia de igualdade, prevención e atención á violencia de xénero no ámbito rural

María Quintiana destacou o Plan integral de actuación para a renovación e o impulso dos Centros de Información á Muller (CIM) no que está a traballar o Goberno galego, así como a próxima posta en marcha de catro CIM móbiles

08/07/2025 | 10:52 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García dá a benvida aos nenos saharauís que pasarán o verán en Galicia con familias de acollida no marco do programa ‘Vacacións en Paz’

Nesta edición son 305 os rapaces saharauís acollidos en fogares galegos de 100 concellos, con 70 familias acolledoras novas con respecto ao ano anterior

06/07/2025 | 12:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca os avances dos últimos anos na atención á discapacidade nunha nova edición da convivencia de familias de Special Olympics-Fademga

Reiterou o compromiso do Goberno galego ás entidades que traballan neste ámbito e puxo como exemplos o concerto social ou as axudas para programas e o mantemento de centros

06/07/2025 | 11:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia con 116.000 euros actividades de 36 ANPAS e dúas federacións de pais e nais lucenses para fomentar a igualdade

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as Anpas beneficiarias destas axudas convocadas pola Consellería de Política Social e Igualdade pertencen a 29 municipios lucenses