Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 397 novas da área temática Urbanismo:

17/10/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en novembro e decembro os titulares dos terreos necesarios para executar a senda entre Mollabao e Os Praceres, en Pontevedra

O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar o 21 e o 22 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e a formalización, o 20 de decembro, no mesmo lugar

16/10/2023 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Piñor poñen á disposición da veciñanza un edificio de usos múltiples

Cun investimento de máis de 500.000 €, a obra acometeuse ao abeiro do plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais

12/10/2023 | 11:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por case 4,4 M€ a obra de remate dun edificio de 24 vivendas de promoción pública en Santiago

O obxectivo é completar os traballos xa iniciados e cuxo contrato foi rescindido polas dificultades atopadas no subsolo da parcela e a suba dos prezos construtivos

10/10/2023 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre unha rolda de contactos co sector para informar sobre as novas condicións para converter os baixos comerciais sen uso en vivendas

Ángeles Vázquez explica que os cambios introducidos permitirán que en zonas delimitadas polos concellos se flexibilicen os requisitos para permitir ese uso residencial dos baixos comerciais sen necesidade de modificar os planeamentos urbanísticos

09/10/2023 | 17:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta presenta ao concello da Coruña unha proposta para facilitar a construción de 500 novas vivendas no barrio de Xuxán

O IGVS demanda axilidade nos trámites administrativos municipais, como a concesión da licencia de primeira ocupación de 40 vivendas, cuxos adxudicatarios están pendentes de recibir as chaves

09/10/2023 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta culmina un investimento de 445.000 euros para dotar de acceso o parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212

Conectouse a estrada autonómica co viario interior do futuro parque de Lebozán, co obxectivo de darlle maior operatividade á área industrial e reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio

04/10/2023 | 18:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora nas melloras dos locais das asociacións veciñais viguesas Camiño Vello e Cristo da Victoria con achegas que suman case 30.000 euros

A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para comprobar as obras realizadas e o equipamento adquirido

03/10/2023 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Gabriel Alén salienta a contribución da Xunta ao embelecemento da provincia de Ourense

Na provincia de Ourense, 24 concellos e 89 cidadáns se beneficiaron este ano das axudas convocadas para a corrección de impactos paisaxísticos en equipamentos municipais e en vivendas e propiedades particulares, por importe de 747.765,76 €