Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 543 novas da área temática Maiores:

23/03/2025 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avalía novas vías de colaboración co concello de Oímbra para seguir mellorando a atención ás persoas dependentes

Fabiola García sinalou que o Executivo Galego conta con 23 prazas públicas de atención a maiores nestes municipio

22/03/2025 | 16:29 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avalía novas vías de colaboración co concello de Mañón para seguir mellorando a atención ás persoas maiores

Na xuntanza trasladou o compromiso do Executivo galego para seguir reforzando os recursos e impulsando novos programas destinados a mellorar a calidade de vida das persoas dependentes

21/03/2025 | 13:43 | C. de Política Social e Igualdade

O novo centro de día municipal de Ramirás comeza a ser unha realidade cun investimento de máis de 430.000 € por parte da Xunta

O Executivo autonómico financia o 100 % das obras a través do seu Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos municipais destinados ás persoas maiores

21/03/2025 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o papel dos profesionais nos novos modelos de coidados e atención sociosanitaria

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, inaugura as xornadas organizas pola Asociación Galega do Sector da Dependencia

20/03/2025 | 17:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca as iniciativas das residencias de maiores para estimular a actividade cognitiva e previr as demencias

Antón Acevedo sinala que o labor dos profesionais sociosanitarios é fundamental para garantir o envellecemento activo e saudable das persoas que viven en centros residenciais

20/03/2025 | 14:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o avance das obras da residencia municipal para persoas maiores en Abadín á que destina 1,2 M€

As actuacións céntranse na rehabilitación e ampliación do antigo colexio para reconvertelo en centro residencial, con 44 prazas distribuídas nunha vintena de habitacións

18/03/2025 | 19:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor as iniciativas que promoven o envellecemento activo e a participación dos maiores en todos os ámbitos sociais

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destaca que este tipo de actividades son fundamentais para previr a soidade non desexada

16/03/2025 | 10:22 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita á residencia pública autonómica Torrente Ballester ao recibir o certificado de Aenor que recoñece a calidade dos seus servizos

A conselleira de Política Social e Igualdade sinala que o mérito desta acreditación recae, principalmente, no persoal do centro que cada día está ao carón das persoas maiores

14/03/2025 | 13:28 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García reúnese coa Asociación de Empresas de Servizos para a Dependencia

A conselleira de Política Social e Igualdade expuxo o modelo de Galicia para o coidado e atención ás persoas maiores

11/03/2025 | 18:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta garante a calidade dos menús que se ofrecen nos centros residenciais, que son supervisados por nutricionistas e adaptados ás dietas dos usuarios

Fabiola García explica que este servizo de comedor, que leva 14 anos funcionando con normalidade, combina a calidade dos produtos, o valor nutricional e as particularidades de cada usuario