Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 818 novas da área temática Goberno galego:

21/07/2025 | 15:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a posta en marcha dun plan para a redución da burocracia nos centros educativos, que suporá un aforro de máis de 120.000 horas por curso e uns 600 pasos administrativos

Cúmprese así cun dos puntos pactado no Acordo de mellora educativa cos sindicatos CCOO, ANPE e UXT, do que para o seu desenvolvemento se vén traballando desde hai meses

21/07/2025 | 15:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta dedica máis de 1,3 M€ a ofrecer aos profesionais da Sanidade Pública o apoio da intelixencia artificial axilizar a elaboración de informes e desburocratizar o seu traballo

O presidente destaca que a Xunta probará, coas suxestións dos profesionais, solucións con IA xenerativa para ofrecer apoio aos traballadores á hora de codificar episodios de ingreso e elaborar informes de altas con propostas para validar ou retirar

21/07/2025 | 15:44 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda expresa a súa preocupación ante o posible recorte de fondos de cohesión, agrícolas e pesqueiros para Galicia na proposta de MFP 2028-2034

A Xunta defendeu en reiteradas ocasións a importancia de protexer os sectores estratéxicos como a pesca, o medio rural e a industria agroalimentaria

17/07/2025 | 12:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia que Galicia formará a médicos de Uruguai para implantar o primeiro programa de transplante de pulmón no país latinoamericano

Pasarán estadías no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para recibir formación técnica e científica sobre este tipo de cirurxías

15/07/2025 | 19:40 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o valor da colaboración entre institucións e empresas como o Banco Santander para construír unha Galicia máis moderna, competitiva e cohesionada

Reivindica que os bos datos económicos galegos son froito da estabilidade e da confianza que xeran as políticas públicas e a colaboración co tecido empresarial

15/07/2025 | 15:18 | A Presidencia da Xunta
15/07/2025 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanza o programa Activa I+G+i cun investimento de case 53 M€ para fomentar a transferencia

Rueda anuncia a posta en marcha do primeiro programa de axudas ao abeiro do Plan galego de investigacón e innovación  2025-2027

15/07/2025 | 15:02 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que Galicia ten adxudicado xa o 94% do importe dos Fondos MRR publicado en convocatorias e licitacións e o 85 % do ingresado

Salienta que “máis de 46.500 persoas, máis de 8.500 autónomos e 6.000 entidades” e sociedades estanse a beneficiar destes fondos