Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo subliña os máis de 1,7 M€ que a Xunta destinou a 73 concellos ourensáns para apoiar a conciliación e fomentar a corresponsabilidade
O delegado territorial destacou que a Consellería de Política Social e Igualdade financiou con 6,5 millóns de euros do Plan Corresponsables diferentes campamentos de verán e actividades para nenas e nenos de ata 16 anos nos períodos non lectivos en máis de 230 concellos galegos
A Xunta pon en valor o traballo da Asociación Saúde Mental A Mariña na atención ás mulleres con enfermidade mental vítimas de violencia de xénero
Roberto Barba destacou que esta entidade puxo en marcha a primeira vivenda tutelada de Galicia para mulleres vítimas e que padecen problemas de saúde mental na que o Executivo autonómico investiu preto dun millón de euros
A Xunta presenta no Gaiás a exposición ‘Historias LGBTI da Galicia orgullosa’ para visibilizar as vidas diversas que non foron recoñecidas
Esta iniciativa forma parte do proxecto impulsado polo Executivo galego presentado para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGBTI, e que será un arquivo dixital para amosar as vidas diversas invisibilizadas
Manuel Pardo pon en valor o compromiso da Xunta de Galicia co fomento do emprego feminino
O delegado territorial destacou que na provincia de Ourense resultaron beneficiadas 30 emprendedoras, que cun investimento de 375.000 euros, crearon un total de 52 postos de traballo indefinidos, 32 por conta propia e 20 por conta allea
A Xunta apoia con 80.000 euros programas de conciliación e corresponsabilidade e de atención a mulleres en situación de vulnerabilidade do Patronato Concepción Arenal
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá ás nenas e nenos dunha das iniciativas financiadas, a de conciliación
A Xunta financia con máis de 216.000 euros os programas de conciliación e corresponsabilidade familiar da comarca do Salnés e O Ullán
O delegado territorial visitou os programas de conciliación de Meis e Ribadumia
A Xunta resolve a convocatoria do programa Galicia Investiga Igualdade para apoiar estudantes da etapa predoutoral
Esta iniciativa do Executivo galego destina 1,1 millóns de euros para financiar contratos de investigación en materia de igualdade e xénero que se poderán prorrogar catro anos
A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado de 17 entidades sen ánimo de lucro e centros especiais de emprego
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou as addendas aos convenios subscritos, que suman un investimento superior aos 1,9 M€
A Xunta e o concello do Incio asinan un convenio para a adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa
Inicialmente oito persoas poderán beneficiarse desta iniciativa, que garante unha dieta saudable e equilibrada durante toda a semana