Actualidade
Buscador de novas
Portos de Galicia e o concello de Vilanova acordan a proposta definitiva para a reversión ao estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria
O presidente do ente público reuniuse co alcalde arousán para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado e, no seu caso, transferirse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
A Xunta contribúe a preservar o legado vinculado ao mar co `Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030´
O documento recolle 100 medidas que contribúen a avanzar no coñecemento, preservar e poñer en valor este legado tanto en Galicia como no exterior
Portos de Galicia e o Concello de Cangas acordan a proposta definitiva para a reversión ao Estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria
O presidente do ente público reuniuse coa alcaldesa para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado e, no seu caso, transferirse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
Villares destaca a Festa do Marisco da ría do Barqueiro como referente na exaltación da calidade dos produtos marítimo-pesqueiros
Sitúa o evento gastronómico, que este ano chega á trixésimo cuarta edición, como un referente na exaltación da calidade dos produtos que saen desta ría
A Xunta destina 32.000 euros á sustentabilidade de oito confrarías do Salnés
O delegado territorial visitou a Confraría de Carril que recibiu unha achega que supera os 4.000 euros
Villares alerta de que a proposta do ICES de rebaixa de pescada supón unha perda de ingresos de 73,9 M€ para a economía galega
A afectación para a comercialización en lonxa alcanzaría os 27,9 millóns de euros
A Xunta destaca o papel das enerxías renovables no porto de Ferrol para contribuír a unha transición xusta e ordenada e á reactivación económica da comarca
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes clausura hoxe as xornadas ‘Porto-empresa’, organizadas pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, que inaugurou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares
Portos de Galicia comeza a reflotar o barco boniteiro afundido en Camariñas
O ente público lembra que a responsabilidade do proceso corresponde ao propietario do barco e que, ante a inacción deste, asume a xestión do proceso do que lle repercutirá os gastos, que ascenden a 15.000 polo levantamento e arredor de 50.000 para o despece
A Xunta de Galicia mellora a seguridade e as condicións de traballo na nave de Redes de Burela
A colaboración do Goberno galego permite dotar á frota artesanal dunhas instalacións óptimas e seguras para o desenvolvemento da súa actividade
Portos de Galicia tramita unha concesión en Viveiro para almacéns de maquinaria que permita reducir as partículas en suspensión dos minerais acopiados
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o inicio do trámite de información pública en virtude do cal todos os interesados poderán presentar alegacións durante un periodo de 20 días hábiles a partir de hoxe