Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 710 novas da área temática Lingua:

07/01/2025 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos apela a Castelao como “figura de unión entre todos os galegos e un dos símbolos de Galicia”

O titular de Cultura destaca que a Xunta declarou este 2025 Ano Castelao como “mostra de gratitude” do pobo galego ao seu “valioso legado” político e cultural

03/01/2025 | 13:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aumenta un 29 % as axudas a proxectos para fomentar o galego no ensino preuniversitario

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará preto de 500.000€ a actividades que permitan dinamizar o uso da lingua en actividade extraescolares

29/12/2024 | 10:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Residencia Literaria da Xunta na Cidade da Cultura propicia o debut na narrativa galega de dúas das súas participantes

A naronesa Ana Varela publica ‘Runrún’ coa Editorial Galaxia, unha narración de corte social ambientada en Ferrol sobre a saúde mental e os coidados

28/12/2024 | 10:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede de Dinamización Lingüística suma 254 entidades tras incorporar oito novos concellos

Na cita participaron representantes de administracións locais, provinciais e autonómicas, así como de mancomunidades e asociacións

26/12/2024 | 18:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inicia a renovación do Plan xeral de normalización da lingua baixo a coordinación do académico Manuel González

López Campos enxalza esta elección por ser unha “figura de prestixio” e “autoridade indiscutible na materia” que conta con “experiencia e consenso sen fisuras”

26/12/2024 | 11:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta dirixe unha nova liña de axudas ao sector musical para apoiar de xeito integral ás carreiras de artistas e grupos

Destínanse 150.000 euros a esta convocatoria publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e que se resolverá por concorrencia competitiva

23/12/2024 | 15:29 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta presentará este xoves os coordinadores dos grupos de traballo para renovar o Plan xeral de normalización da lingua galega

“Trátase dun chanzo importante de cara a avanzar nun novo escenario para o noso idioma”, enxalza López Campos, quen salienta que “se cumpre coa palabra dada”

20/12/2024 | 14:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrecerá en 2025 cursos de lingua para sanitarios co fin de incrementar o seu uso e mellorar a atención a pacientes

As actividades formativas estarán especialmente deseñadas para persoal sanitario e potenciaranse coa concesión dun punto na carreira profesional

20/12/2024 | 14:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta incentiva o uso da lingua nas cerimonias relixiosas coa publicación do misal romano en galego

Trátase dunha edición revisada e actualizada do texto que tamén está dispoñible en soporte dixital, cando se cumpren 55 anos do uso do galego na liturxia

19/12/2024 | 18:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo Lorenzo enxalza a achega do Arquivo Llanos á memoria colectiva de Galicia

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a relevancia e calidade dos fondos propios cos que contan os centros museísticos galegos