Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.173 novas da área temática Formación:

25/10/2025 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta urxe ao Goberno a acelerar a homologación das titulacións universitarias dos bolseiros BEME para potenciar o seu talento e inserción laboral en Galicia

José González destacou a eficacia desta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna como instrumento de retorno e fixación de talento cualificado, e animou aos novos bolseiros a que esta experiencia sexa o inicio dun proxecto estable en Galicia

24/10/2025 | 18:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a súa aposta pola innovación industrial con cinco novas liñas de apoio que superan os 47 M€ nos Orzamentos de 2026

Os Orzamentos da Consellería de Economía e Industria ascenden a 453,8 M€, un 6 % máis que no pasado exercicio porque, pese a perder 41,7 M€ do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (MRR), increméntanse os fondos propios

23/10/2025 | 19:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anima ás empresas a sumarse ao procedemento de acreditación de competencias que recoñecerá a experiencia laboral dos seus traballadores

A directora xeral de FP participa no CIFP Paz Andrade de Vigo na entrega destas acreditacións a 179 traballadores de nove empresas do sector naval xa acreditados

23/10/2025 | 18:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
23/10/2025 | 15:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento en 2026 de 73,6 M€ en obras en centros educativos, un 4% máis

O conselleiro de Educación destaca no Colexio de Agolada que con este reforzo se avanzará na execución do Plan de nova arquitectura pedagóxica

22/10/2025 | 19:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Manuel Pardo Louva o labor educativo da UNED e a súa contribución á igualdade de oportunidades

O delegado territorial salientou que “a UNED foi e é para moitas persoas unha porta aberta á formación e o coñecemento que lles permite, que nos permitiu, compaxinar a vida laboral e os estudos superiores”

21/10/2025 | 13:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta porá en marcha no 2026 unha Oficina de Atracción de Talento para consolidar o modelo galego de captación ordenada de persoas traballadoras

Coordinará as medidas de emprego para persoas galegas do exterior que desexan regresar a traballar na súa terra e tamén ás procedentes de 3º países reforzando o “modelo Galicia”, que busca captar talento dun xeito planificado e unido ao emprego

20/10/2025 | 12:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presentará a través do Issga a nova campaña ‘Dixitalización no traballo’ no marco da Semana europea para a seguridade e a saúde no traballo

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia súmase a esta iniciativa, que se celebra ata o 26 de outubro, coa posta en marcha de diferentes actividades e accións divulgativas arredor do lema ‘Traballos seguros e saudables na era dixital’

19/10/2025 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Ribeira Sacra acollerá en novembro o encontro Ultreia dentro da aposta de Galicia como referente do emprendemento ligado ao territorio

O encontro, organizado pola Xunta de Galicia, celebrarase os vindeiros 27 e 28 de novembro no Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra, no marco do recoñecemento á comunidade galega como Rexión Emprendedora Europea 2025