Actualidade
Buscador de novas
Alfonso Villares pon en valor o papel do sector pesqueiro como provedor de alimentos de calidade no VII Congreso de Ibernáutica
Destaca o esforzo do sector marítimo-pesqueiro que se demostra na altísima calidade dos produtos que ofrece ao consumidor, obtidos de xeito responsable e preservando o medio mariño
O conselleiro do Mar anuncia que a Xunta porá en valor os portos deportivos galegos en 2025
Este esforzo inversor, que será asumido por Portos de Galicia nas contas do vindeiro ano, contribuirá a potenciar estas infraestruturas que xeran un impacto económico, turístico e cultural moi significativo nos concellos nos que se sitúan
A Xunta de Galicia aprobará mañá unha partida de 3 millóns para dragar o Lérez en Pontevedra á espera de que o Goberno central desbloquee o proxecto
O presidente de Portos de Galicia mantivo unha reunión de traballo co presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra e a patroa maior de Lourizán para informar do estado de tramitación da obra que permitirá recuperar calado e impulsar o marisqueo
Villares adianta que Galicia seguirá demandando na Comisión Europea recursos financieiros para unha descarbonización da frota asumible e realista
Para o titular de Mar a demanda plantexada, está a ser desenvolvida no seo da plataforma europea para a descarbonización da pesca, no que Galicia se integrou hai un ano
Xunta e Porto de Vigo colaboran nun novo espazo accesible na fachada portuaria
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e a delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, as obras que se están a desenvolver no segundo tramo do viario de Beiramar, entre a praza Industria Conserveira e a igrexa de San Miguel de Bouzas, que se prevé rematar a finais deste ano
A Xunta ratifica o seu compromiso co desbloqueo do dique de abrigo de Morás, que contará con partida orzamentaria específica para o 2025
O conselleiro do Mar visitou a dársena do municipio de Xove e informou de que Portos de Galicia vén de recibir o informe inicial para a tramitación da adscrición do terreo á comunidade, o que permitirá desbloquear un proxecto demandado desde hai décadas
A Xunta aposta pola descarbonización dos portos para situar a Galicia á vangarda do proceso de transición enerxética en España
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participa no acto de inauguración do IX Congreso Nacional da Asociación Técnica de Puertos y Costas que reúne a máis de 250 participantes en A Coruña