Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inviste este ano 68 M€ para conservación da súa rede viaria, o maior investimento da súa historia
A Xunta conta cun plan de conservación de estradas, do que carece o Goberno central nos viarios da súa titularidade en Galicia
A Xunta recibe 9 ofertas para a redacción do proxecto do inmoble para 50 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos en Lugo
A Xunta licitou a redacción do proxecto deste edificio, que se situará nunha parcela da rúa Illa Coelleira, por un importe de 304.508€
Manuel Pardo subliña as axudas de preto de 178.000 € da Xunta para actuacións de mellora da eficiencia enerxética en 62 vivendas na provincia de Ourense
O delegado territorial da Xunta lembrou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de lanzar unha nova orde destas achegas cun orzamento global de preto de 2,2 M€, dirixidas a persoas físicas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias das vivendas, e que poden solicitalas antes do 8 de xullo
Xunta e Concello de Vilagarcía asinan a cesión de solo para a construción de 10 vivendas de promoción pública o mesmo día que o Executivo licita a redacción do proxecto e dirección da obra
O Goberno galego estima en 1,9 M€ o investimento total neste novo inmoble
A Xunta licita por 7,9 M€ as obras de rehabilitación de 13 edificios para crear 26 vivendas destinadas a alugueiro accesible en Ferrol, Lugo e Mondoñedo
As actuacións enmárcanse no Programa Rexurbe e os inmobles están emprazados nos conxuntos históricos destes concellos
A Xunta inicia na Coruña a rehabilitación dun edificio do século XIX para acadar 4 vivendas para alugueiro accesible para menores de 36 anos
O investimento na renovación deste edificio rolda os 2M€ de fondos propios da Xunta
A Xunta licita as obras de mellora dos espazos públicos dos núcleos de Meda e Lamalonga, no concello da Veiga, por 150.000 euros
A actuación enmárcase no Plan Hurbe e permitirá a creación dun un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes lugares
A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto para construír 54 vivendas públicas en Valdecorvos, no concello de Pontevedra
Trátase do contrato de redacción do proxecto para construír estas novas vivendas públicas na parcela cedida polo Concello localizada no polígono B1 de Valdecorvos, na rúa Prado Novo nº4 por un importe de 447.715 €