Actualidade
Buscador de novas
Emigración incrementa as axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior ata chegar aos 635.000 euros
A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable e tamén o de carácter cultural
A Xunta destaca o traballo de entidades como Arraianas para a integración de persoas migrantes
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a sede da entidade compostelá
A Xunta e InvestiGal organizan o I Foro de Investigación Galega no Estranxeiro
O encontro, que se celebrará os vindeiros 8 e 9 de marzo en Bruxelas, ten como obxectivo intercambiar ideas e establecer relacións entre o persoal investigador galego no estranxeiro e o afincado en Galicia co fin de reforzar vínculos co ecosistema galego de I+D+i para animalo a que desenvolva a súa carreira profesional de excelencia en Galicia ou vinculada a ela
Emigración abre o prazo de solicitude das axudas extraordinarias para as familias retornadas que este ano contan cun orzamento de 2 M€
Estas axudas extraordinarias, que se incrementan nun 18%, están dirixidas a que as familias poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade
A Xunta reforza con 4 M€ as axudas económicas individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade
O obxectivo destas axudas é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de 8.000 familias galegas do exterior que se atopan nunha situación económica precaria
Rueda destaca que a Oficina móbil de atención a emigrantes permite achegar información e asesoramento sobre o retorno a calquera punto da comunidade
Resalta que complementa as oficinas con sede física da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo
A Xunta destina 1,35 M€ para axudar co funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais o culturais
O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude
Emigración abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para mozos galegos residentes no exterior
As axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, aumentan en 500 euros, ata acadar bolsas de entre 8.000 e 12.500 euros, en función da duración do mestrado e o continente de procedencia do beneficiario
A Xunta busca reforzar e impulsar os programas de acceso ao emprego dos galegos retornados
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Emigración analizaron nunha reunión os programas desenvolvidos no ano 2023, tanto de apoio ao emprendemento como de acompañamento na busca de emprego por conta allea
Arranca a nova oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas da Secretaría Xeral de Emigración cofinanciada polo Fondo Social Europeo (programa FSE+)
Esta oficina móbil, que complementará ás xa existentes oficinas permanentes, ofrecerá unha ampla gama de servizos