Actualidade
Buscador de novas
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementou a súa actividade cirúrxica nun 12,7 % durante o primeiro semestre de 2024
Os servizos de Otorrinolaringoloxía, cun incremento do 16,6 %; de traumatoloxía, cun 20,4 %; e de Uroloxía, cun 20 %, foron as unidades que rexistraron unha maior repunta no seu volume de intervencións
A Xunta licita por máis de 550.000 euros o soporte informático de medio cento de aplicacións de programas especiais da sanidade pública
Este servizo permite realizar tarefas de soporte e resolución de incidencias a aplicacións que xestionan a carpeta É-Saúde, os sistemas de información de xestión da incapacidade temporal, do transporte sanitario non urxente, da prestación ortoprotésica e a tarxeta sanitaria, entre outros
Román Rodríguez destaca Galicia como un referente na Compra Pública de Innovación en España
A nosa Comunidade presenta un total de nove proxectos á convocatoria da Liña FID do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
A Xunta fomenta a bioseguridade para o transporte de gando e viveiros de produción de materiais vexetais cun orzamento de máis de 400.000 euros
A Consellería do Medio Rural publica a resolución destas axudas no Diario Oficial de Galicia
Rueda avanza que a Xunta garante por lei o impulso a unha intelixencia artificial centrada na cidadanía e na igualdade de oportunidades
Anuncia que o Consello abre o prazo de consulta pública do anteproxecto da Lei que se prevé levar ao Parlamento “en setembro”
Belén do Campo anima ás cooperativas a solicitar as axudas para a adquisición de maquinaria en común que ascenden a máis de 4 millóns de euros
A representante do Goberno autonómico destacou que os principais obxectivos destas achegas son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego, así como mellorar en seguridade e aforro enerxético
A Xunta reforza a innovación, a mellora tecnolóxica e a competitividade da acuicultura galega con máis de 800.000 euros
Hoxe foi publicada no DOG a Orde de axudas que están dirixidas a financiar proxectos de I+D+i que implican a introdución de tecnoloxías que permitan incrementar a produción atendendo a criterios de sustentabilidade da actividade
A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar vocacións tecnolóxicas entre as nenas
As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech
Catro centros tecnolóxicos recibirán case 8 M€ da Xunta para mellorar as infraestruturas de investigación e ensaio
O CTAG recibirá unha axuda de 4M€, mentres que AIMENT recibirá 3,2M€, Gradiant uns 263.000€ e CETIM 442.000€
Román Rodríguez sitúa ANFACO-CECOPESCA como exemplo de innovación e competitividade na industria mar-alimentaria
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita o centro acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo