Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 587 novas da área temática Exterior:

29/09/2024 | 15:31 | C. do Mar

Cetmar colabora coa FAO na profesionalización do sector pesqueiro de São Tomé e Príncipe

O Centro Tecnolóxico do Mar traballará no recoñecemento das competencias profesionais dos pescadores e no deseño de dúas embarcacións adaptadas ás necesidades da pesca artesanal na zona

28/09/2024 | 10:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O premio de relato curto 'Nortear' impulsado pola Xunta recae no escritor culleredense Manuel Vila Iglesias pola obra 'Graxa'

Dotada con 3.000 euros, a iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Instituto Público

27/09/2024 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na inauguración da sede do consulado de Guinea-Bissau en Vigo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, deu a benvida ao cónsul honorario de Guinea-Bissau en Vigo, Julio Vázquez Domínguez, e puxo en valor a cooperación galega en materia de sanidade e educación

23/09/2024 | 10:26 | C. de Facenda e Administración Pública
23/09/2024 | 09:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Miranda reforza os vínculos coa colectividade galega en Santos, destacando a importancia das entidades do exterior que manteñen viva a nosa cultura

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nun encontro cos galegos e galegas residentes na cidade de Santos, en Brasil

20/09/2024 | 17:50 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o papel de CEAPI na internacionalización do tecido empresarial galego

A conselleira subliñou que un dos obxectivos da Xunta é o de impulsar a internacionalización da economía de Galicia, e que as pemes e autónomos teñan acceso a novas cales e destinos de comercialización

18/09/2024 | 13:27 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor a cooperación Galicia-Norte de Portugal no eido da investigación e o coñecemento como exemplo da irmandade entre territorios

Definiu a ambos territorios como un dos espazos máis dinámicos de cooperación dentro da Unión Europea 

13/09/2024 | 14:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O MUMI conecta as industrias musicais de Galicia e Portugal co apoio da Xunta

Máis de 250 axentes do sector participan esta fin de semana nos faladoiros, concertos e roldas de negocio onde se activarán as contratacións musicais da próxima temporada

13/09/2024 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia e outras rexións europeas abordan o proceso de ampliación da UE

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou nunha reunión do Comité Europeo das Rexións que se desenvolveu en Hungría

12/09/2024 | 15:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha delegación do sector biotecnolóxico galego viaxa a Estados Unidos para explorar novos investimentos con entidades líderes

O equipo galego está formada por representantes da Xunta, clústeres empresariais, centros de investigación, fundacións sanitarias e empresas