Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 721 novas da área temática Transporte:

23/09/2024 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza as conexións entre O Barco de Valdeorras, Ourense e A Pobra de Trives

O delegado territorial anunciou que se incrementa a oferta vixente entre o Barco de Valdeorras con Ourense con dous novos servizos, tanto de ida como de volta; e dende o Barco de Valdeorras coa Pobra de Trives con outras dúas expedicións, tamén de ida e de volta

23/09/2024 | 11:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa a próxima semana en Valladolid nunha xornada sobre sistemas intelixentes de transporte

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, impartirá o mércores un relatorio sobre a Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 como solución aos desafíos do Plan de Transporte Público de Galicia

22/09/2024 | 14:22 | C. de Facenda e Administración Pública
21/09/2024 | 10:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado da Asociación Autismo Ourense

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, formalizou hoxe o acordo para cubrir os desprazamentos ao Centro de Educación Especial Ilustre Mestre e aos tratamentos que coincidan en horario lectivo

20/09/2024 | 17:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda reclama a Pedro Sánchez avances nas infraestruturas de transporte, financiamento para proxectos industriais e traspaso de competencias

Reclama que se convoque canto antes a Comisión Mixta de Transferencias para que o Estado traspase o persoal e medios materiais necesarios para a xestión do litoral

20/09/2024 | 10:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha servizos especiais de autobús con motivo da romaría da Saínza

Haberá dúas frecuencias en cada sentido polas noites entre Xinzo de Limia e A Saínza cunha duración duns 15 minutos

19/09/2024 | 15:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/09/2024 | 15:32 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial da automoción galega e a necesidade de avanzar cara a unha mobilidade sostible

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na clausura da terceira edición do congreso ‘Automob Summit’ de Asime, onde explicou o compromiso do Goberno galego cos desprazamentos sostibles con iniciativas como a Estratexia Galega de Mobilidade ou o Plan de Transporte Público de Galicia

17/09/2024 | 17:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O servizo de transporte interurbano da Xunta na Coruña incorpora catro autobuses articulados

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou o funcionamento dos novos vehículos da empresa Alsa, que incrementan nun 50% a capacidade de viaxeiros

16/09/2024 | 16:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado de entidades da Coruña especializadas na atención á diversidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, formalizou hoxe os acordos con seis asociacións para cubrir os desprazamentos aos centros escolares e aos tratamentos que coincidan en horario lectivo