Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.045 novas da área temática Infraestruturas:

13/08/2026 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca que a humanización da contorna da igrexa de Santa María de Sacos, en Cerdedo-Cotobade, acadou un espazo máis accesible, seguro e amable para a veciñanza

As obras supuxeron un investimento de 375.000€, do que o Goberno galego financiou o 70% e o Concello o 30% restante, tras ter asinado un convenio de colaboración

13/08/2026 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da nova senda na estrada PO-221, entre Alende e Espedregueira, en Moraña, cun investimento de máis de 365.000€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 10 de setembro

12/08/2026 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/08/2026 | 13:25 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García asina os convenios de colaboración co concello de Outes para melloras no centro de día e na escola infantil

A conselleira de Política Social e Igualdade destacou que o Goberno galego inviste máis de 60.000 euros para que a Administración local desenvolva as obras en ambos recursos

11/08/2026 | 17:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda a situación da AP-9 con empresarios transportistas e usuarios en Galicia

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, reuniuse hoxe coa CEG, Fegatramer, Apetamcor e En Colectivo, aos que informou da actualización realizada pola Xunta no informe respecto á transferencia e rescate da AP-9

11/08/2026 | 16:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina case 280.000 euros para a mellora e reparación dos camiños de acceso a parcelas en Friol

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, visitou hoxe os traballos de mellora nos camiños de acceso a parcelas en Friol incluído no proxecto de permutas de especial interese agrario na parroquia de Nodar, co que se mobilizaron 162 hectáreas

11/08/2026 | 16:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordinará co Concello de Vigo e a Delegación do Goberno as actuacións precisas para garantir a seguridade na contorna da estación de autobuses

O Goberno galego actuará como administración titular da infraestrutura de transporte coa instalación dun peche, para o que pide o apoio dos servizos sociais municipais e da Policía Nacional

11/08/2026 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 52 M€ a fase 2.1 do CHUAC que suporá a escavación dunha superficie equivalente a 7 estadios de Riazor e onde se construirán os novos edificios asistenciais

A presentación de ofertas estará aberta ata o vindeiro 21 de setembro e a previsión é adxudicar os traballos a finais deste ano e poder iniciar as obras

09/08/2026 | 09:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución dun centro de día en Guláns, no Concello de Ponteareas

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos no ámbito de actuación, pero inclúe condicionantes para introducir melloras nalgunhas cuestións

08/08/2026 | 10:01 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 860.000 euros as obras de acondicionamento da contorna do Camiño Inglés no Paseo do Carboeiro, no Concello de Oroso

Trátase de acometer a mellora paisaxística e da seguridade viaria neste parque fluvial en Sigüeiro, lugar de paso do Camiño de Santiago, beneficiando tanto aos peregrinos como á veciñanza