Actualidade
Buscador de novas
O 061 de Galicia asistiu máis de 2.200 persoas por 1.745 accidentes de tráfico durante o verán
Desde as 15,00 horas do venres 26 de xuño ata as 23,59 horas do domingo 6 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 2.237 chamadas por accidentes de tráfico
A Consellería de Sanidade destaca o xogo como ferramenta de lecer educativa no marco da prevención das condutas adictivas na infancia e adolescencia
A secretaria xeral técnica subliña o traballo da Dirección Xeral de Saúde Pública en materia de promoción da saúde
Gómez Caamaño destaca que a sanidade pública galega realiza tele-asistencia domiciliaria de 250 pacientes con insuficiencia cardíaca grazas á plataforma Telea
Incide en que Galicia destaca por ser unha das comunidades que máis reduciu a súa mortalidade cardiovascular nos últimos anos, o que reflicte o traballo clínico, a organización asistencial e a cultura de mellora continua
Gómez Caamaño salienta a transformación dos hospitais galegos cara un modelo máis integrado, tecnolóxico, resolutivo, centrado en responder ás novas necesidades dos pacientes reducindo os ingresos
Galicia conta cun Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas e está a desenvolver proxectos pioneiros como Xenoma Galicia ou o IMPaCT-Xenómica, que apostan pola medicina personalizada
A cidadanía galega poderá doar plasma grazas ao programa de plasmaférese impulsado pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
A ADOS principiou esta semana, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a recollida de plasma e os vindeiros 28 e 29 de setembro achegarase ata as instalacións do Hospital Nicolás Peña de Vigo
Gómez Caamaño subliña que a descentralización dos estudos de medicina abre novos horizontes para a formación dos futuros médicos en Galicia
Remarca que ampliar os espazos de formación posibilita construír desde hoxe unha mellor sanidade para a Galicia de mañá
O Plan estratéxico de saúde mental da Xunta prevé duplicar as prazas de hospitalización infanto-xuvenil e un incremento dun 20 % nas de rehabilitación comunitaria
Crearanse novas unidades de hospitalización infanto-xuvenil na Coruña, Ferrol e Ourense, o que permitirá duplicar con creces as camas de hospitalización actuais
Unha enfermeira do CHOP condecorada pola Administración Penitenciaria pola súa implicación coa saúde dos internos
O delegado territorial, acompañado polo xerente da Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés e polo director xeral de Emerxencias e Interior, asistiu ao acto de celebración da festividade da Virxe da Mercé, no Centro Penitenciario da Lama
O Plan estratéxico de saúde dixital e transformación intelixente do sistema público de saúde de Galicia 2027-2030 incorporará as capacidades tecnolóxicas emerxentes
Natalia Lobato salienta que as empresas galegas están a demostrar unha enorme capacidade para innovar, colaborar co sistema sanitario, transferir coñecemento e desenvolver solucións con impacto real