Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o Festival Espírito Ribeiro como exemplo de colaboración e posta en valor dos recursos do territorio
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na presentación do evento que este ano acollerá o concello de Cenlle os días 22 e 23 de agosto
Belén do Campo acompaña na contorna da Torre de Hércules aos usuarios da residencia Torrente Ballester durante a eclipse total de sol
A delegada da Xunta participou na actividade organizada polo propio centro para que os seus usuarios puidesen gozar dun fenómeno astronómico excepcional desde un dos lugares máis emblemáticos da cidade
Belén do Campo destaca a aposta de Explora Journeys pola Coruña na escala inaugural do EXPLORA III coincidindo co eclipse solar
Durante o acto, celebrouse o tradicional intercambio de metopas como símbolo de benvida e de colaboración entre o porto e a compañía Explora Journeys
A Xunta coloca a estrutura da primeira ponte elevada do Camiño de Santiago para salvar a N-525 no Concello de Lalín
A actuación complementa os traballos que está levando a cabo Turismo de Galicia para mellorar a seguridade viaria dos peregrinos
A Xunta apoia a terceira edición do torneo Unindo Camiños que vincula o fútbol cos valores xacobeos
Esta iniciativa celebrarase os días 23 e 24 de agosto e reunirá a 20 equipos de Galicia, Asturias, Canarias e Portugal
Ana Ortiz destaca o Camiño da Costa, os cruceiros e ás visitas ás Illas Cíes como polos de atracción para a afluencia de visitantes a Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo salienta as cifras “récord” de peregrinos e pasaxeiros na cidade durante 2026
Os portos de Galicia recibiron na primeira metade do verán preto de 1.800 barcos en tránsito que xeraron un volume de negocio de 2,2 M€
Natalia Botana visitou o peirao deportivo de Muros que foi o que recibiu máis turistas náuticos neste período
A Torre de Hércules estrea iluminación eficiente e sendas máis accesibles co apoio da Xunta de Galicia
Os novos equipos LED de última xeración realzan a arquitectura do monumento e ofrecen opcións decorativas e dinámicas para acompañar efemérides e celebracións