Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 823 novas da área temática Xuventude:

16/05/2026 | 10:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre hoxe as solicitudes para os Premios Galicia de Acción Voluntaria 2026

O certame galardoará con 4.000 euros á persoa voluntaria do ano, á entidade de acción voluntaria e ao mellor proxecto, estas dúas últimas modalidades coa condición de estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria

13/05/2026 | 13:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre hoxe o prazo para inscribirse no programa de actividades de verán para maiores de 18

Trátase dunha das modalidades da campaña ‘Modo Verán Activo’ na que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca 160 prazas en cinco propostas

10/05/2026 | 10:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta recibe máis de 3.600 solicitudes para pedir o Bono Emancípate na súa segunda edición

O Goberno galego destina 3M€ a este programa que pretende contribuír coa mocidade nos primeiros gastos do fogar como a compra de mobiliario

09/05/2026 | 11:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor da Unidade de Atención Temperá de Mondoñedo, que presta servizo a preto dun cento de familias

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, lembrou que este recurso atende a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos dunha decena de concellos próximos

08/05/2026 | 12:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca a importante contribución do Programa Correspondentes Xuvenís á saúde emocional da mocidade galega

A directora xeral de Xuventude visita o alumnado do instituto Xulián Magariños de Negreira que forman parte da iniciativa

30/04/2026 | 13:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García pon en valor “o interese da cativada pola nosa cultura e lingua” no concurso das Letras Galegas impulsado pola Xunta

A convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da de Educación, Ciencia, Universidades e FP trata de incentivar a creatividade ao redor da efeméride

30/04/2026 | 10:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en marcha o programa ‘Aventúrate con Galicia’ para que 30 rapaces e rapazas do exterior descubran a terra das súas raíces

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria desta iniciativa destinada a nenos e mozos de entre 10 e 17 anos descendentes de emigrantes galegos para participar en campamentos de verán e reforzar o vínculo coa súa terra de orixe

24/04/2026 | 13:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Ortiz e Lara Meneses destacan a oferta da Xunta para este verán con preto de 500 prazas na área de Vigo para campamentos e actividades para a mocidade

A delegada territorial e a directora xeral de Xuventude presentaron este venres as propostas do Goberno galego a través da campaña Modo Verán Activo

23/04/2026 | 14:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia leva a Lugo as xincanas urbanas de ‘Localízate’ para achegar a mocidade ao comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na segunda xincana urbana organizada no marco deste programa autonómico