Actualidad
Buscador de noticias
A central telefónica de atención á soidade non desexada da Xunta recibiu no primeiro ano de funcionamento preto de 8.000 chamadas
Fabiola García destacou que foron unha media de 21 consultas ao día durante este período de tempo
A Xunta denuncia que o Goberno central recorta os fondos de demografía para Galicia
Fabiola García deixou en evidencia que o Executivo central penaliza as comunidades que aplican políticas que están dando resultados
Fabiola García presenta no Congreso Europeo dos Coidados o modelo Galicia Calidade, baseado na liberdade, a proximidade e a atención personalizada
Destacou o Plan de axilización e simplificación da dependencia e da discapacidade, que permitiu reducir os tempos de valoración e atender preto de 97.000 persoas
A Xunta apoia o Concello das Neves con 300.000 euros para adquirir a parcela da futura residencia de maiores
Fabiola García sinalou a importancia da colaboración entre o Goberno galego e as administracións locais para seguir reforzando os recursos de atención no rural
A Xunta inviste 100.000 euros nas obras de mellora dos recursos de atención a maiores de Boimorto
Fabiola García destacou que o Goberno galego tamén achega medio millón de euros do Plan de Investimentos para ampliar a residencia municipal
O delegado territorial da Xunta recibe a expertos hispanoamericanos no ámbito da lonxevidade e o envellecemento saudable
Manuel Pardo destacou que a visita destes expertos pode ser unha oportunidade para reforzar esa visión e abrir novas vías de colaboración con institucións, universidades, profesionais sanitarios e entidades de Hispanoamérica
Manuel Pardo resalta a función do programa Benestar en Balnearios da Xunta a prol do envellecemento activo e saudable
O delegado territorial destacou que esta iniciativa da Consellería de Política Social e Igualdade, dirixida a persoas maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55, ten como obxectivos mellorar a calidade de vida dos maiores a través do fomento de actitudes positivas para o autocoidado da saúde, e dinamizar a economía local aproveitando a riqueza termal de Ourense
A Xunta sitúa a Aspnais como referente no acompañamento ás persoas con discapacidade durante seis décadas de traballo
Antón Acevedo trasladou á asociación o agradecemento do Goberno galego pola súa calidade humana e o seu incansable traballo dando visibilidade ás necesidade das familias
O Fondo de Cooperación da Xunta permitirá ao Concello de Outeiro de Rei a construción dunha nova edificación para habilitar un centro de día
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará as obras desta nova edificación e a rehabilitación dunha edificación auxiliar existente na parcela situada no núcleo urbano do municipio lucense, no encontro das rúas de Manuel María e do Pazo
A Xunta destaca no Brasil o labor de apoio ás persoas maiores galegas que desempeñan as entidades da colectividade galega en São Paulo e Santos
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración reúnese con distintas entidades da colectividade galega en São Paulo e Santos coincidindo coa nova edición das feiras de emprego impulsadas polo Goberno galego en São Paulo e Salvador de Bahía