Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.522 novas da área temática Educación:

04/12/2025 | 15:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove os valores democráticos na educación con novas unidades didácticas sobre a Constitución e o Estatuto

Román Rodríguez salienta a importancia de abordar estas cuestións na escola “como o espazo onde se constrúe unha cidadanía responsable, consciente do valor da democracia e preparada para preservar as súas institucións”

04/12/2025 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo destaca a importancia da prevención e da convivencia escolar durante a súa asistencia ás charlas do Plan Director para a convivencia organizadas pola Garda Civil

A representante do Goberno autonómico agradeceu ao equipo directivo e ao profesorado do IES Manuel Murguía o traballo que realizan nun centro dinámico e plural, e recoñeceu o esforzo das familias e do alumnado por construír unha convivencia baseada no respecto mutuo

03/12/2025 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza a segunda edición da FP acelerada con 506 prazas para cursar 23 ciclos de xaneiro a xullo

Román Rodríguez anima aos interesados a mellorar a súa cualificación a través desta iniciativa pioneira en España que o Goberno galego impulsa este ano de xeito novidoso

01/12/2025 | 17:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros destaca a boa acollida que está a ter na zona a nova formación acelerada durante unha visita aos alumnos do CIFP Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol estivo esta tarde cos alumnos que cursan a primeira quenda dos certificados de Fabricación e Montaxe de instalacións de tubaxes e construción e carpintería metálica nesta modalidade pioneira en Galicia

01/12/2025 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

Manuel Pardo subliña a aposta da Xunta por potenciar hábitos alimenticios saudables nos centros escolares ourensáns

O delegado territorial destacou que, no curso 2025/26, a Consellería do Medio Rural destinou a esta iniciativa máis dun millón de euros

30/11/2025 | 09:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia este curso un máster universitario a 86 desempregados para mellorar a súa formación

A Consellería de Educación vén de resolver a convocatoria destas bolsas, que cobren o importe da matrícula, con importes entre os 600 e os 800 euros

29/11/2025 | 12:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As charlas e talleres formativos para familias en materia de benestar, convivencia e tecnoloxía impulsados pola Xunta esgotan as prazas

O conselleiro Román Rodríguez salienta a boa acollida destas novas iniciativas desenvolvidas ao abeiro da Estratexia galega de convivencia escolar

28/11/2025 | 16:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta felicita á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña polos seus 50 anos

O conselleiro Román Rodríguez participa na UDC na conmemoración do nacemento desta Escola que formou a arquitectos que hoxe son referentes internacionais

28/11/2025 | 12:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta por potenciar o talento da mocidade e apoiar a súa inserción laboral a través de iniciativas como ‘Xuventude na onda’

Pon en valor o evento posto en marcha polo Goberno autonómico e que contará entre hoxe e mañá cunha vintena de actividades para, en colaboración coas universidades galegas, conectar o talento mozo e os sectores de innovación, ciencia e empresa