Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 710 novas da área temática Lingua:

13/11/2024 | 11:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta a importante participación de Galicia en Rutas culturais europeas que “testemuña o valioso patrimonio co que conta a Comunidade”

O titular de Cultura da Xunta pon en valor os itinerarios galegos recoñecidos polo Consello de Europa, como o do Camiño de Santiago ou da Arte rupestre prehistórica

12/11/2024 | 12:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

AveLina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid Freire obteñen os premios de literatura dramática da Xunta

AveLina Pérez álzase por segunda vez co Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, desta volta coa obra ‘Incidencia muller pedra’, da que o xurado destaca a súa carga poética e a posta en valor dunha voz de muller non normativa

09/11/2024 | 14:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García gaba a promoción do galego na literatura de terror nos premios Territorio Vákner

O secretario xeral da Lingua participa na entrega dos galardóns desta terceira edición a Natalia Monje, Natalia Lema e Rocío Leira

08/11/2024 | 13:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos gaba o enorme talento e creatividade a través do galego do alumnado da comunidade

Salienta que o audiovisual é unha “ferramenta imprescindible” da que a Xunta tirará proveito para aumentar o prestixio e o emprego da nosa lingua entre os pequenos

08/11/2024 | 12:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos avanza no Pacto pola lingua cunha xuntanza co Consello da Cultura Galega

O representante da Xunta considera “esencial facer partícipes ás entidades relevantes na sociedade para enriquecer este proceso con novas achegas”

07/11/2024 | 20:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor o papel das redes sociais na divulgación da cultura e lingua galegas

Salienta o labor da Xunta a prol do acceso universal á cultura coa futura Lei da cultura accesible e inclusiva de Galicia, que está a tramitarse no Parlamento

07/11/2024 | 18:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o seu compromiso co ensino do portugués tras cuadriplicar o número de alumnos en dez anos

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa recorda no Parlamento o acordo co Instituto Camões, que facilita a acreditación gratuíta de niveis de portugués

06/11/2024 | 18:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta anuncia a realización de probas Celga en Madrid para o vindeiro 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, inaugura os cursos de lingua e cultura galegas que se impartirán na Casa de Galicia en Madrid e entrega os diplomas aos participantes da pasada edición

06/11/2024 | 15:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta propón declarar o Ano Castelao no 2025 coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento

López Campos destaca que esta iniciativa “é unha oportunidade de celebrar a nosa unión ao redor da nosa cultura e que nos permite tamén prestixiar a nosa lingua”