Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 435 novas da área temática Emigración:

14/04/2023 | 08:37 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao presidente da República de Panamá o interese de Galicia por estreitar lazos económicos e comerciais co país de América central

Salienta a importancia das relacións existentes entre Galicia e Panamá en sectores como a pesca e o turismo, así como as colaboracións noutros que están en alza, como as enerxías renovables
 

13/04/2023 | 17:06 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o labor dos galegos que axudaron a construír a Canle de Panamá como símbolo dun pobo que edifica, progresa e tende pontes

Subliña que a presenza de Galicia nas grandes obras de enxeñería segue a ser fundamental: “Hai empresas galegas moi potentes que están facendo polo mundo obras moi importantes”, recalcou

13/04/2023 | 10:43 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destina 1 M€ ás axudas ao retorno emprendedor, que facilitan ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a apertura da nova convocatoria para este ano

Os interesados poden informarse tamén a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno que existe en cada provincia
 

12/04/2023 | 11:44 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda inicia unha viaxe por Panamá, Venezuela e México para reforzar alianzas económicas e institucionais

Reunirase con diferentes autoridades coma o presidente de Panamá, Laurentino Cortizo, ou o embaixador de España nese país

10/04/2023 | 12:58 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre o prazo de solicitude das axudas extraordinarias ao retorno cun orzamento de 1,7 M€

Esta liña vai dirixida a que os retornados poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade

05/04/2023 | 14:51 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta anuncia dúas novas liñas de axudas por valor de 2,7 M€ para apoiar os galegos do exterior no seu retorno a Galicia

Unha liña vai dirixida a facilitarlles a posta en marcha de iniciativas emprededoras e outra para que poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade

02/04/2023 | 11:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda viaxará a América para manter encontros empresariais e institucionais que reforcen alianzas estratéxicas tecidas polas raíces comúns

Alfonso Rueda reunirase con autoridades, empresarios e inversores interesados nos proxectos económicos e industriais nos que traballa Galicia

30/03/2023 | 15:49 | Secretaría Xeral de Emigración

O cine galego volve aos centros galegos do exterior da man do ciclo Mestre Mateo grazas a colaboración da Secretaría xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual

Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende abril a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome

27/03/2023 | 09:05 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda anima os galegos de Santos e Sao Paulo a emprender en Galicia a través das axudas deseñadas pola Xunta para fomentar o retorno

O secretario xeral da Emigración trasladou á colectividade galega no Brasil a nova Estratexia Galicia Retorna, que aposta polo eido laboral e o educativo con ata 100 iniciativas para favorecer o retorno á comunidade autónoma

26/03/2023 | 14:23 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración salienta en Salvador de Bahía ante case 200 persoas as medidas de apoio ás familias postas en marcha pola Xunta para favorecer o retorno

O responsable deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, comezou na sede da Asociación Cabaleiros de Santiago a xira polo segundo país do mundo con maior colectividade galega para dar a coñecer a Estratexia Galicia Retorna