Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.518 novas da área temática Emprego:

30/10/2025 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia unha nova edición da feira ´Festalent´ como referente da conexión entre o mundo académico e o tecido empresarial de Ferrolterra e Galicia

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na apertura do evento que reúne a un total de 50 empresas e institucións

30/10/2025 | 11:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta afianza a súa aposta pola inserción laboral das persoas desempregadas co apoio a preto de 50 novos programas integrados de emprego

José González destacou que na convocatoria 2025-2026 foron concedidos PIE a 19 entidades locais e a 30 entidades sen ánimo de lucro, entre elas Afaor

30/10/2025 | 10:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina máis de 10 M€ á nova edición de axudas para facilitar a persoas sen traballo a asistencia a cursos de formación orientados ao emprego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria para o financiamento de gastos de desprazamento, manutención, aloxamento ou conciliación co gallo de apoiar a participación nas accións formativas impulsadas polo Goberno galego

30/10/2025 | 10:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso coa colaboración público-privada como administración facilitadora que dá resposta ás necesidades do tecido produtivo

José González puxo de relevo a presenza internacional de Howden Iberia, así como as máis de mil persoas traballadoras coas que conta, incluído un cento na nosa terra

30/10/2025 | 10:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica os festivos locais dos concellos das catro provincias galegas para o ano 2026

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que detalla por municipios as datas festivas

29/10/2025 | 18:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta afianza no 2026 a aposta polo emprendemento ligado ao territorio co pulo á Rede de polos que xa facilitou crear 110 empresas na provincia de Ourense

José González subliñou que con esta rede tamén se promove o modelo coliving no rural, como o de Sende —en Lobeira—, e destacou o reforzo o vindeiro ano dos apoios aos emigrantes retornados que desexen emprender en Galicia

29/10/2025 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Ourense o talento retornado a través do emprendemento ligado ao territorio

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o estudIo de deseño e creación con pezas Lego impulsado polo enxeñeiro Pablo González, galego retornado desde Dinamarca que contou coa axuda do Goberno autonómico

29/10/2025 | 11:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta elevará en 2026 ata os 20 M€ o orzamento do programa Aprol Rural a prol da prevención dos incendios e incluirá a figura da persoa coordinadora

José González sinalou que o Concello de Castrelo de Miño foi un dos que se acolleu á posibilidade incorporada este ano da contratación anticipada, ao igual que outro medio cento de entidades locais da provincia para un total de 181 contratos