Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 554 novas da área temática Enerxía:

23/03/2024 | 11:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 190.000 € ao mantemento do radar meteorolóxico, da rede de raios e do equipo de radiosondaxe da comunidade

O radar situado en Cuntis permite realizar a detección, descrición, seguimento e predición a curto prazo da meteoroloxía

20/03/2024 | 15:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel de mobilidade na transición enerxética

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta mañá, na Coruña, á inauguración dunha exposición de vehículos ecolóxicos

19/03/2024 | 12:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo para as axudas a proxectos de fotovoltaica en empresas e administracións locais

O DOG publica as bases da convocatoria que se tramitará en réxime de concorrencia competitiva e que contará con 5,5 M€ de orzamento

08/03/2024 | 17:16 | C. de Economía e Industria
08/03/2024 | 14:37 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

Lorenzana anuncia que a Xunta presentará alegacións ao Real Decreto que regula a eólica mariña e as enerxías do mar

Precisa que un dos motivos para alegar é que o novo texto reduce a non máis dun 30 por cento a valoración dos criterios que non sexan económicos, de tal xeito que non insiste como debera na ponderación dos beneficios sociais

05/03/2024 | 13:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta anuncia na Mariña a próxima apertura das axudas para fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais

Os interesados poderán presentar as solicitudes desde este venres, 8 de marzo, ata o 8 de abril

09/02/2024 | 14:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía as modificacións da planificación da rede de transporte e a necesidade dun procedemento áxil para o nó de Meirama

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou no Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade

08/02/2024 | 13:40 | C. do Medio Rural

A Xunta licita a contratación dunha solución innovadora integral para a xestión das comunidades enerxéticas nas aldeas modelo

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada informativa sobre o proxecto, que xa está publicado na plataforma de Contratos Públicos de Galicia

06/02/2024 | 12:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial dos recursos renovables de Galicia e do norte de Portugal

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, interveu no encontro sobre enerxía Galicia-Norte de Portugal, organizado polo Consello Galego de Enxeñería (CGES) e a Ordem dos Engenheiros – Região Norte

01/02/2024 | 12:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel dos certificados de aforro enerxético no fomento da eficiencia

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá nunha xornada sobre Certificados de Aforro Enerxético (CAEs), organizada por Cluergal en Santiago de Compostela