Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 530 novas da área temática Patrimonio:

16/01/2024 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia volve licitar a restauración da basílica de Santa María A Maior

Os traballos permitirán renovar os sistemas de evacuación da choiva, substituír o soporte da cuberta e reformar a fachada

16/01/2024 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a comercialización da Artesanía de Galicia na feira internacional Formex de Estocolmo

A Fundación Artesanía de Galicia participa ata o xoves nesta feira profesional cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea que reúne o traballo de 27 obradoiros artesanais

16/01/2024 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por preto de 32.000 euros as obras de restauración do retablo maior da igrexa de San Martiño do Porto, en Cabanas

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica o inicio do proceso de contratación desta obra que conta cun prazo de execución de 2,5 meses

15/01/2024 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
12/01/2024 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a unión de tradición e innovación na creación dun sistema para coñecer o impacto dos fluxos de aire na Catedral de Santiago

O proxecto impulsado pola Xunta xunto co Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia inclúe a creación dun modelo xeométrico en tres dimensións

11/01/2024 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita as obras de restauración da fachada principal da igrexa de Santa María de Meira

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se destina un orzamento de 156.500 euros á intervención, que tamén mellorará a accesibilidade ao templo e á torre do reloxo

09/01/2024 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita a restauración da Igrexa do Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón con preto de 170.000€

O obxectivo é resolver as necesidades detectadas no interior tras a actuación levada a cabo na parte exterior, o que eleva o investimento neste ben ata os case 470.000€

04/01/2024 | 15:07 | Axencia de Turismo de Galicia

A Cátedra do Camiño de Santiago impulsa unha investigación sobre a imaxe das rutas xacobeas na prensa francesa e española nos últimos 30 anos

O traballo, en fase preliminar, é do investigador Manuel Seco e conta cun corpus de case 400 textos que configuran a percepción das peregrinaxes transmitida nos dous países