Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 608 novas da área temática Portos:

31/10/2024 | 13:59 | C. do Mar

A Consellería do Mar financia a dotación da lonxa de Bueu dunha nova máquina de clasificado de cefalópodos no marco do proxecto Enerclas

Esta iniciativa impulsada pola Confraría de Pescadores de Bueu suporá un investimento de máis de 140.000 euros e inclúe a instalación de paneis fotovoltaicos na cuberta da rula bueuesa

29/10/2024 | 14:28 | C. do Mar

O impulso de medidas para avanzar na sostibilidade e competitividade do sector pesqueiro galego mobilizarán máis de 247 millóns de euros nos Orzamentos para 2025

As contas da Consellería do Mar son as maiores desde 2010 e acumulan un incremento nos últimos oito anos próximo ao 71%

28/10/2024 | 11:13 | C. do Mar

A Consellería do Mar subliña que a dragaxe de Foz conta con partida orzamentaria para 2025 á espera de que o Goberno central emita os informes necesarios

Portos de Galicia solicitou ao MITECO o 10 de novembro de 2023 informe de avaliación ambiental e de compatibilidade coas estratexias mariñas, ambos documentos obrigados por lei para poder avanzar na tramitación, sen ter recibido ningún dos dous a dia de hoxe

24/10/2024 | 15:42 | C. do Mar

Os portos autonómicos da Mariña lucense recibiron no verán máis de 600 barcos en tránsitos que xeraron un volume de negocio superior ao medio millón de euros

Alfonso Villares destacou que a instalación viveirense foi a terceira en Galicia con maior número de embarcacións foráneas en xullo, agosto e setembro, só por detrás de Combarro (Poio) e Muros

23/10/2024 | 14:47 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

O porto de Vilanova de Arousa contará con nova iluminación led grazas ao investimento da Xunta de 300.000 euros

O delegado territorial recibiu ao alcalde e tenente de alcalde de Vilanova de Arousa e informou de que os traballos de substitucións das luminarias comezarán nos próximos meses

22/10/2024 | 16:26 | C. do Mar

A Xunta inviste 600.000 euros nas obras de dragaxe do porto de Cariño

Alfonso Villares informou de que antes de final de ano comezarán tamén os traballos para dotar de iluminación natural o interior da nave de redes, como solicitaban as traballadoras

18/10/2024 | 15:24 | C. do Mar

Belén do Campo anuncia que Portos de Galicia reserva unha partida plurianual de máis de 7,8 M€ na comarca do Barbanza nos orzamentos para 2025

A delegada adiantou que a reordenación do Porto de Noia contará cunha partida de 600.000 euros entre o 2025 e o 2026

17/10/2024 | 18:32 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor o papel do sector pesqueiro como provedor de alimentos de calidade no VII Congreso de Ibernáutica

Destaca o esforzo do sector marítimo-pesqueiro que se demostra na altísima calidade dos produtos que ofrece ao consumidor, obtidos de xeito responsable e preservando o medio mariño

17/10/2024 | 16:25 | C. do Mar

O conselleiro do Mar anuncia que a Xunta porá en valor os portos deportivos galegos en 2025

Este esforzo inversor, que será asumido por Portos de Galicia nas contas do vindeiro ano, contribuirá a potenciar estas infraestruturas que xeran un impacto económico, turístico e cultural moi significativo nos concellos nos que se sitúan