Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.200 novas da área temática Cultura:

20/03/2026 | 20:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo destaca na Coruña o valor da educación musical entre a mocidade na preestrea do musical 'Lúa'

A delegada da Xunta destacou que é unha produción coproducida pola Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e Volana Producións, que forma parte do compromiso da orquestra coa educación musical e coa innovación pedagóxica

20/03/2026 | 18:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo destaca a tradición e o atractivo da Semana Santa da Coruña na presentación do seu cartel oficial

Durante o acto, no que tamén participou o arcipreste da Coruña, Manuel Hermida, presentouse o programa de procesións que volverán encher as rúas da cidade nestas datas

20/03/2026 | 18:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo e a alcaldesa de Triacastela asisten á presentación do documental “O camiño da Cova de Eirós” na Filmoteca de Galicia

A delegada da Xunta destacou que “este traballo audiovisual contribúe a achegar á cidadanía o labor científico que hai detrás de descubrimentos tan significativos como as primeiras pinturas rupestres localizadas en Galicia”

20/03/2026 | 15:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Santiago e Mazaricos o oficio da construción de instrumentos de percusión no marco do seu proxecto Artesanía na Escola

O artesán Xosé Manuel Sanín achegouse esta mañá ata o CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela e ata o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos para amosarlle ao alumnado de Primaria o oficio da construción de pandeiretas

20/03/2026 | 15:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia o novo festival Sons de Vigo que encherá o Ifevi en Semana Santa coa “mellor e máis variada oferta musical” de Galicia

A delegada territorial, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, presentaron o evento que se celebrará o 27 de marzo e o 1, 2, 3 e 4 de abril

20/03/2026 | 13:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Elefante Elegante estrea en Galicia a comedia xestual para público familiar `Coralinda´, producida co apoio da Xunta

A compañía conta cunha achega plurianual de 100.000 euros da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o período 2024-2026

20/03/2026 | 10:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta acorda co Museo Británico exhibir por vez primeira en Galicia 200 pezas sobre culturas do Pacífico

‘Voces do Pacífico’, destacado proxecto internacional incluído na programación expositiva da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, é froito do primeiro acordo directo que acada o Goberno de Galicia cun dos máis grandes museos do mundo