Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello da Merca avanzan no proxecto para acadar unha mellor integración paisaxística da contorna de Santa Eulalia de Parderrubias
A obra, cun orzamento estimado de máis de 100.000 €, podería encaixar nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos
A Xunta presenta ao tecido empresarial de Coristanco o Plan que permitirá desenvolver o primeiro polígono industrial do municipio
Tras salientar que o proxecto está avalado por un estudo de demanda realizado polo concello, Ángeles Vázquez subliña a localización estratéxica do novo ámbito empresarial, no enlace entre a AC-552 e a AG-55 e próximo ao polígono de Bértoa
Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo impulsan a urbanización dun millón de metros cadrados para avanzar na ampliación prevista da Plisan
A previsión é que, unha vez aprobada a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais, o Instituto Galego da Vivenda e Solo licite conxuntamente o instrumento de ordenación e o proxecto de urbanización
A Xunta valora o compromiso do Concello de Boimorto coa protección da paisaxe coa rehabilitación da fachada da residencia da terceira idade da localidade
Estas actuacións foron financiadas con preto de 20.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos
A Xunta aproba o plan básico municipal do Páramo no marco do obxectivo de que ningún concello galego estea sen planeamento urbanístico
Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego traballa man a man cos concellos desenvolvendo ferramentas que protexan e poñan en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo da Comunidade
A Xunta comeza os obradoiros da campaña 'Eu son inspect@r urbanístic@' para formar ao alumnado dos colexios galegos no coidado e respecto do territorio
Entre xaneiro e xuño, persoal da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística realizará actividades lúdicas e pedagóxicas gratuítas nun total de 26 centros
A Xunta e o Concello de Curtis analizan posibles solucións á demanda de solo existente no municipio
Durante o encontro, Encarnación Rivas e Javier Caínzos abordaron tamén o desenvolvemento de novas zonas nos núcleos urbanos municipais de Curtis e Teixeiro
A Xunta e o Concello do Porriño avalían un proxecto municipal para o acondicionamento e humanización dun espazo verde público na localidade
Tamén abordaron a implantación da recollida diferenciada de materia orgánica a través do quinto contedor
A Xunta ofrece preto de 900.000 m2 de solo urbanizado a prezos bonificados en 37 parques empresariais de toda Galicia
As empresas interesadas nestas 380 parcelas poderán beneficiarse de descontos sobre o prezo de venda estimados en máis de 34,8 M€