Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pecha os foros de Galicia Sabe Amar nos que profesionais da gastronomía puxeron en valor as propiedades dos produtos do mar galegos
O conselleiro enxalzou a calidade e variedade das preto de 300 especies que son comercializadas polas máis de 60 lonxas de toda Galicia e sinalou a importancia de incentivar o seu consumo dentro dunha dieta equilibrada e saudable
Alfonso Villares defende que a rebaixa do IVE aos produtos da pesca incentivaría o seu consumo e xeraría efectos beneficiosos no conxunto da economía
Un recente estudo das universidades de Santiago e A Coruña certifica que se se reduce á metade este imposto poderíanse chegar a crear preto de 5.600 novos empregos e xeraríase un valor engadido bruto de 28,5 millóns de euros
A Xunta presenta os avances para a xestión sostible da mexilla no litoral galego acadados da man da ciencia
A iniciativa Apromex abrangue do análise da poboación de cría do mexillón nas rochas á posta en marcha de novos sistemas para avaliar a captación no medio natural e tamén a súa produción complementaria a través de criadeiros
Expertos das universidades de Santiago e da Coruña certifican que reducir a fiscalidade aos alimentos do mar aumentaría o consumo e xeraría novos empregos
É a conclusión do Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC liderado por Gonzalo Rodríguez, Andrés González, María do Carme García Negro xunto co economista coruñés Fernando González Laxe
A Xunta traballa coas universidades en estudos sobre a evolución do consumo de peixe e que miden os beneficios que produciría unha rebaixa do IVE
O titular de Mar volveu a reclamar a redución fiscal aos produtos pesqueiros en liña co que se mantén para outros alimentos no IV Foro ‘GALICIA SABE AMAR’, onde animou a incluír estes alimentos saudables e sustentables na cesta da compra
A Xunta destina 400.000 euros á campaña “Os catro grandes de Galicia” para promocionar o consumo de queixos con selo de calidade
José González presentou esta acción promocional, enmarcada dentro da aposta pola promoción dos produtos agroalimentarios de calidade, e para que a Consellería destinará 6 millóns de euros no 2024
A Xunta establece unha normativa pioneira para a verificación por parte dos consellos reguladores da aptitude dos viños de denominacións de orixe
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde na que se recolle como será o novo procedemento para reforzar o sistema de comprobación das características a cumprir polos viños das DO